Jeannie Longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jeannie Longo

Jeannie Longo, nada o 31 de outubro de 1958 en Annecy, Francia, é unha ciclista profesional que viviu a súa época dourada na década dos 90. Comparada con Eddy Merckx, polo seu dominio no ciclismo feminino, é famosa pola súa natureza altamente competitiva e a súa lonxevidade como deportista. En Pequín 2008 participou nos seus sétimos Xogos Olímpicos, ficando ás portas do bronce, na cuarta posición na proba de contrareloxo, a só dous segundos da suíza Karin Thürig.[1]

Posúe catro medallas olímpicas e trece títulos mundiais, en ciclismo en ruta e en pista, ademais de 38 marcas mundiais.[2]

Empezou a súa carreira deportiva como esquiadora, deporte no cal foi campioa do seu país na categoría escolar en 1975. Catro anos despois, en 1979, Jeannie foi campioa universitaria nas categorías de descenso, slálom e xigante.

Foi entón cando, o daquela seu adestrador, e actualmente esposo, Patrice Ciprelli, a faría pasarse ao ciclismo. Poucos meses despois gañou o Campionato Nacional de Francia de ciclismo en ruta.

En xuño de 2009 sumou o seu 56º título nacional, ao proclamarse campioa de Francia en contrarreloxo, con 50 años.

Ademais dos seus logros deportivos, Longo tamén traballou no eido académico, licenciándose en Matemáticas e Xestión Económica e doutorándose en Deporte.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]

  • Medalla de ouro de ciclismo en ruta en 1996 Gold medal with cup.svg
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo en 1996 Silver medal with cup.svg
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta en 1992 Silver medal with cup.svg
  • Medalla de bronce de ciclismo en ruta contrarreloxo en 2000 Bronze medal with cup.svg

Campionatos do mundo[editar | editar a fonte]

  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta en 1985, 1986, 1987, 1989 e 1995 Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG
  • Campioa do mundo de ciclismo en ruta contrarreloxo en 1995, 1996, 1997 e 2001 Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (persecución) en 1986, 1988 e 1989 Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG
  • Campioa do mundo de ciclismo en pista (carreira de puntos) en 1989 Gold medal with cup.svg MaillotMundial.PNG
  • 2 medallas de prata de ciclismo en ruta en 1981 e 1993 Silver medal with cup.svg
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo en 2000 Silver medal with cup.svg
  • Medalla de prata de ciclismo en ruta contrarreloxo por equipos en 1992 Silver medal with cup.svg
  • 3 medallas de prata de ciclismo en pista en 1984, 1985 e 1987 Silver medal with cup.svg
  • Medalla de prata de cyclo-cross en 1993 Silver medal with cup.svg
  • 2 medallas de bronce de ciclismo en ruta en 1994 e 2001 Bronze medal with cup.svg
  • 3 medallas de bronce de ciclismo en pista en 1981, 1982 e 1983 Bronze medal with cup.svg

Campionatos de Europa[editar | editar a fonte]

  • Campioa de Europa de campo a través en 1994 Silver medal with cup.svg

Campionatos de Francia[editar | editar a fonte]

  • 57 títulos de campioa de Francia (primeiro título sobre ruta en 1979 e último en contrarreloxo en 2010), nas especialidades: en ruta, de contrarreloxo, de persecución, de carreira aos puntos, de campo a través (VTT), de contrarreloxo por equipos. Gold medal with cup.svg MaillotFra.PNG
  • Campioa de Ile-de-France: persecución, carreira aos puntos, en ruta: de 1992 a 1996
  • Campioa de Dauphiné-Savoie: en ruta, velocidade, persecución, carreira aos puntos: de 1977 a 1989

Tour de Francia feminino[editar | editar a fonte]

  • Gañadora en 1987, 1988 e 1989 MaillotAmarillo.PNG
  • 2ª en 1985, 1986, 1992 e 1995
  • 3ª en 1996
  • Clasificación por puntos en 1985, 1986, 1987 e 1988 MaillotVerde.PNG
  • Clasificación da montaña en 1989 Jersey polkadot.svg

Outros[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Dopaxe[editar | editar a fonte]

En novembro de 1987, tras superar a marca mundial de 3.000 metros en Colorado Springs, Longo deu positivo por efedrina no control antidopaxe.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jeannie Longo Modificar a ligazón no Wikidata