Jacques Heurgon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJacques Heurgon
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1903
8.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1995 (92 anos)
París.
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónÉcole normale supérieure.
École fraçaise de Rome.
Coñecido porPresidente da SFN.
Actividade
Campo de traballoHistoria antiga, filoloxía e numismática.
Ocupaciónhistoriador da antigüidade clásica , profesor universitario , filólogo clásico , erudito clásico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior da Investigación Arqueolóxica.
Comité de Traballos Históricos.
Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia.
Academia Pontificia de Roma.
Academia dos Lincei.
Real Academia de Bélxica.
Academia Británica.
Membro de
Sociedade Francesa de Numismática.
Sociedade de Anticuarios de Francia.
Sociedade de Estudos Latinos.
Asociación Guillaume-Budé.
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJean-Pierre Néraudau (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnne Heurgon-Desjardins.
FillosÉdith Heurgon, Marc Heurgon (pt) Traducir, Catherine Peyrou (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Medalla de ouro Cultor Romae.

Discogs: 5412870 Editar o valor em Wikidata


Jacques Heurgon, nado en París o 25 de xaneiro de 1903 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 1995, foi un latinista, etruscólogo e numismático francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Jacques Heurgon naceu en París o 25 de xaneiro de 1903.[1][2][3] Cursou o seu ensino secundario no Liceo Condorcet,[4] onde coñeceu o poeta Jean Tardieu, con quen mantivo correspondencia durante anos.[5]

En 1923 ingresou na École normale supérieure desa cidade para cursar estudos de Letras, dos que se graduou en 1927. Entre 1928 e 1930 estivo na Escola Francesa de Roma,[2][3] onde iniciou os seus primeiros proxectos de investigación sobre Tipasa e Capua.[6]

Non foi ata 1942 cando acadou o seu doutoramento, en Letras,[2] cunha tese sobre a Capua romana.[7][8]

Traxectroria académica[editar | editar a fonte]

Logo dun tempo como profesor no liceo Henri-Poincaré de Nancy, pasou a impartir docendia na Facultade de Letras Universidade de Alxer en 1932,[2][3] e durante os anos seguintes afondou no conñecemento da África romana.[6]

Durante a segunda guerra mundial interrompeu a súa carreira académica para participar dentro da tercera división de infantaría alxerina nas campañas do norte de África e de Italia,[6] onde foi merecedor tres condecoracións e da Cruz de Guerra.[3][8][2]

Finalizada a contenda, Heurgon retomou o ensino, e en 1945 asumiu a cátedra de lingua e literatura latinas na Universidade de Lille, compatibilizando ese posto co de director do distrito arqueolóxico do Norte. Entre 1953 e 1971 exerceu a súa cátedra na Sorbona,[2][3] institución na que en 1972 foi nomeado profesor honorario.[8]

Nas súas investigacións, Heurgon intersesouse polo mundo italo-romano, sinaladamente a arqueoloxía e a numismática etruscas, as antigüidades galo-romanas e afro-romanas, e a literatura de autores como Tito Livio, Cicerón, Plauto e Séneca.[2][8] Sobre estes temas ten unha abundante produción bibliográfica, non só como autor senón tamén como editor de textos clásicos.[9]

Entre outras entidades e sociedades eruditas, formou parte do Consello Superior da Investigación Arqueolóxica, do Comité de Traballos Históricos, da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia, da Sociedade de Estudos Latinos, da Asociación Guillaume-Budé, da Sociedade para a Promoción dos Estudos Romanos de Londres e do Instituto Arqueolóxico Alemán.[2][3] Tamén foi membro da Sociedade Francesa de Numismática,[3][10] que presidiu entre 1961 e 1963.[11][12]

Do mesmo xeito, Jacques Heurgon foi elixido membro de diversas academias de prestixio. Na Académie des Inscriptions et Belles-Lettres ingresou o 13 de decembro de 1968,[6] e foi nomeado presidente en 1979.[3] Pertenceu tamén, entre outras, á Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, á Academia das Ciencias de Turín, á Academia Etrusca de Cortona a Academia Nacional dos Lincei de Roma, ao Instituto de Estudos Etruscos e Itálicos de Florencia, á Real Academia de Bélxica e á Academia Británica.[2][10]

Os seus méritos académicos fixérono merecedor do nomeamento como Cabaleiro da Lexión de Honra en 1956, e como Oficial en 1975. Ademais foi nomeado Comendador da Orde das Palmas Académicas e Oficial da Orde das Artes e das Letras.[2][13] En Italia concedéuselle a medalla de ouro de Cultor Romae.[13] Tamén recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade Libre de Bruxelas.[2][3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Jacques Heurgon estivo casado con Anne Heurgon-Desjardins, con quen tivo un fillo e dúas fillas.[5]

Heurgon finou en París o 27 de outubro de 1973, vítima dunha doenza.[2][3][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1903, Naissances, 08". Archives.paris.fr
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 "Heurgon Jacques". Académie des inscriptions et belles lettres (AIBL.fr).
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Heurgon, Jacques". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  4. "Heurgon, Jacques". Universalis.fr
  5. 5,0 5,1 Tardieu, J.; Heurgon, J. Le ciel a eu le temps de changer: correspondance, 1922-1944. Institut Mémoires de l'édition contemporaine, 2004
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Favier, J. (1995). Páxina 881.
  7. "Heurgon (Jacques)". Les thèses de doctorat ès lettres soutenues en France de la fin du XVIIIe siècle à 1940. Ressources numériques en histoire de l'éducation (RHE.ish-Lyon.cnrs.fr).
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Favier, J. (1995). Páxina 882.
  9. "Bibliographie des travaux de Jacques Heurgon, 1929-1974". En Mélanges, l’Italie préromaine et la Rome républicaine. Mélanges offerts à Jacques Heurgon. École française de Rome, Roma. 1976, Páxinas XIII-XXI. ISBN 2-7283-0438-6
  10. 10,0 10,1 Favier, J. (1995). Páxinas 882-883.
  11. Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24.
  12. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  13. 13,0 13,1 Favier, J. (1995). Páxina 883.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • "Heurgon, Jacques". Universalis.fr
  • "Heurgon (Jacques)". Archives Nationales (Siv.archives-nationales.culture.gouv.fr/)
Predecesor:
Jean Lafaurie
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática

1961-1963
Sucesor:
Jean Parent