Hippolais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hippolais é xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos, superfamilia dos silvioideos e familia dos acrocefálidos.[1][2]

Antigamente incluídos na familia dos sílvidos, actualmente están separados na familia dos acrocefálidos. As súas especies, coñecidas popularmente como folosas,[3] encóntranse en Europa, África e Asia occidental, asociadas ás árbores, pero non aos bosques mestos, senón máis ben a zonas boscosas abertas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrtito en 1827 polo naturalista suízo Thomas Conrad von Baldenstein, na súa obra Neue Alpina – eine Schrift der Schweizerischen Naturgeschichte, Alpen- und Landwirthschaft gewiedmet 2: 77.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Hyppolais deriva do grego antigo ὑππολάις hyppoláis, nome dun paxaro non identificado citado por Aristóteles, Teofrasto e Hesiquio de Alexandría. O feito de que se escriba Hippolais, con i latino, débese a un erro gramatical de Linneo que, en 1746 denominou unha especie como Hippolais icterina.[4]

Clasicicación[editar | editar a fonte]

A Complicada taxonomía dos silvioideos[editar | editar a fonte]

A taxonomía dos silvioideos tivo unha historia complexa. O taxon foi proposto en 1990, na taxonomía de Sibley-Ahlquist,[5] pero se separaron del desde entón moitos grupos. Cracraft et al. propuxeron en 2004 a creación da superamilia dos certioideos, que coprendía os gabeadores, sítidos, troglodítidos e outros.[6] Os páridos foron ás veces situados, coss estenostíridos e os remícidos), nunha subfamilia á parte, a dos Paroidea, pero quedaban ás veces integrados nos silvioideos[7] Os sílvidos e os timalíidos foron sometidos a importantes revisións despois de serviren de vertedoiro, e numerosas familias novss foron creadas ou restauradas, como as dos panúridos, os estenostíridos (desprazada de contado para os Paroidea), os nicatóridos, os macrosfénidos, os acrocefálidos, os donacobíidos, os berniéridos, os locustélidos, os pnepíxidos, os hilíidos (creada para albergar a única especie Hylia prasina, considerada incertae sedis polo Congreso Ornitolóxico Internacional), os cetíidos, os filloscópidos, os pelorneidos e os leiotríquidos.[7]

Existen evidencias considerábeis que suxiren que o xénero Hippolais é parafilético con respecto a Acrocephalus.[8] Estudos xenéticos indican que o antigo subxénero Iduna (hoxe considerado como xénero independente) era máis achegado ao xénero Acrocephalus que ás do antigo subxénero Hippolais,[9][10] polo que a filial dos Países Baixos da Sociedade de Clasificación de Norteamérica cambiouno de xénero.[11] Unha previsión posterior feitaa polo Comité de Rexistros da Unión de Ornitólogos Británicos devolveuno ao xénero Hippolais, pero facendo a observación de que debían separarse en dous grupos distintos.[12] A retención de Iduna dentro de Hippolais fíxose porque os estudos tiñan baixa calidade estatística,[13] e non porque se crese que a asignación tradicional era correcta, pois non se presentou ningunha evidencia que refutara os estudos. De feito, hoxe Iduna e Hippolais están considerados como xéneros plenos.

Especies[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, o xénero comprende as seguintes catro especies:[14]

Porén, outros autores recoñecen tamén a especie:

Hippolais pallida (Hemprich & Ehrenberg, 1833),[15][16][17] que moitos consideran como especie do xénero Iduna.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Xosé M. Penas Patiño et al. citan, na súa Guía de aves de Galicia, a pesenza de dúas especies en Galicia, Hippolais pallida, moi rara, e H. polyglotta, presente en todo o territorio no verán,[15] mentres que no Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves, só se cita a segunda.[18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. del Hoyo, J. et. al. (2016).
  2. Alan P. Peterson (2017) Hippolais (f.) Conrad von Baldenstein 1827 en Zoonomen Nomenclatural data. Consultada o 15 de abril de 2017.
  3. folosa no dicionario da RAG.
  4. James A. Jobling (2010): Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: A&C Blach Publishers Ltd. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. Charles Gald Sibely & Jon Edward Ahlquist (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press.
  6. Cracraft, J., F. Keith Barker, Michael Braun, John Harshman, Gareth J. Dyke, Julie Feinstein, Scott Stanley, Alice Cibois, Peter Schikler, Pamela Beresford, Jaime García-Moreno, Michael D. Sorenson, Tamaki Yuri, David P. Mindell (2004): "Phylogenetic relationships among modern birds (Neornithes): toward an avian tree of life", en J. Cracraft & M. J. Donoghue (eds.) Assembling the Tree of Life PDF. New York: Oxford University Press. ISBN 0-1951-7234-5, pp. 468–489.
  7. 7,0 7,1 Boyd, J. H.: Sylvioidea na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 11 de abril de 2017.
  8. Parkin, David T., Martin Collinson, Andreas J. Helbig, Alan G. Knox, George Sangster & Lars Svensson (2004): "Species limits in Acrocephalus and Hippolais warblers from the Western Palearctic". British Birds 97 (6): 276-299.
  9. Leisler, B. P.; Heidrich, K. M.; Schulze-Hagen, K. & M. Wink (1997): ["Taxonomy and phylogeny of reed warblers (genus Acrocephalus) based on mtDNA sequences and morphology"] J. Ornithol. 138: 469-496.
  10. Sangster, George (1997): "Trends in Systematics - Acrocephalus and Hippolais relationships: shaking the tree". Dutch Birding 19 (6): 294-300.
  11. Sangster, George; Cornelius J.; Hazevoet, Arnoud B.: van den Berg & C. S. Roselaar (1998): "Dutch avifaunal list: species concepts, taxonomic instability, and taxonomic changes in 1998". Dutch Birding 20 (1): 22-32.
  12. Alan G. Knox, Martin Collinson, Andreas J. Helbig, David T. Parkin & George Sangster (2002): "Taxonomic recommendations for British birds Ibis 144 (4): 707–710.
  13. Helbig, A. J. & Seibold, I. (1999): "Molecular phylogeny of Palearctic-African Acrocephalus and Hippolais warblers (Aves:Sylviidae)". Mol. Phyl. Evol. 11: 246-260.
  14. Hippolais Conrad von Baldenstein, 1827 no ITIS.
  15. 15,0 15,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos e Silvar, Carlos (1991): Guía de aves de Galicia. A Coruña: Bahia Edicións. ISBN 84-87674-06-2, p. 254.
  16. Peterson, Roger; Guy Mountfort & P. A. D. Hollom (1973): Guía de campo de las aves de España y demás países de Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2820-334-2.
  17. Svensson, Lars, & Peter J. Grant (2001): Guía de aves. La guía de campo de aves de España y de Europa más completa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-2821-218-X.
  18. CCG / SGHN (1995): Atlas dos vertebrados de Galicia. II. Aves. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. Colección do Patrimonio Ecolóxico. ISBN 84-87172-89-X, p. 504.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resume).
  • Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resume).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]