Guy de Maupassant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Guy de Mapaussant")
Guy de Maupassant

Guy de Maupassant (5 de agosto de 1850 - 6 de xullo de 1893) foi un escritor francés con predilección para situacións psicolóxicas e de crítica social con técnica naturalista.

A pesar de que proviña dunha familia de pequenos aristócratas librepensadores, recibiu unha educación relixiosa; en 1868 provocou a súa expulsión do seminario, onde ingresara aos trece anos, e ao ano seguinte iniciou en París os seus estudos de dereito, interrompidos pola guerra franco-prusiana e que reemprendería en 1871. En 1879, seu pai logrou que ingresara no ministerio de Instrución Pública, que pronto abandonou para dedicarse á literatura, por consello do seu grande mestre e amigo Gustave Flaubert. Este introduciuno no círculo de escritores da época, como Émile Zola, Iván Turgueniev, Edmond Goncourt e Henry James.

Alén de novelas e pezas de teatro, Maupassant escribiu 300 contos, sendo todos obras de grande valor. Destacan, entre os mais famosos, Bel Ami, Mademoiselle Fifi e Bola de sebo. "A Pensión Tellier" e "O Horla" poden ser considerados os seus contos mais significativos. Faleceu no manicomio aos 39 anos após tentativa de suicidio por perturbacións causadas pola sífilis que o atormentou por mais de unha década.

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas