Claudio López Garrido
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Claudio López Garrido, nado en Vigo o 20 de abril de 1948, é un economista e político galego.
Traxectoria [editar]
Investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Militante do PSG, nas eleccións autonómicas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola coalición electoral BNPG-PSG, pero foi expulsado da Cámara autonómica por negarse a acatar a Constitución. Foi subdirector xeral de Formación e transferencia tecnolóxica da Consellería de Medio Rural (2005-2009).
Obras [editar]
- Estrutura produtiva de la agricultura en la montaña de Lugo, 1987.
- A eficiencia técnica das explotacións leiteiras na comarca interior da provincia de A Coruña: influencia da concentración parcelaria, 2003.