Dalila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sansón e Dalila, pintura de 1615 de Gerard van Honthorst.

Dalila (en hebreo: דְּלִילָה, ‘[a que] debilitou’, ‘desarraigou’ ou ‘empobreceu’, da raíz dal, ‘débil’ ou ‘pobre’) era a «muller no val de Soreq» á que amou Sansón e que foi a súa perdición no bíblico Libro dos Xuíces (capítulo 16).

Os filisteos, inimigos de Israel, dirixíronse a Dalila para descubrir o segredo da forza de Sansón. Tres veces preguntou Dalila a Sansón o segredo da súa forza e tres veces el deulle unha resposta falsa. Á cuarta deulle a auténtica razón (que non cortaba o pelo en cumprimento dun voto a Deus) e Dalila traizoouno cos seus inimigos.

Algúns consideran que unha das falsas respostas dadas por Sansón (que a súa forza o abandonaría se o seu pelo non estaba entretecido nun tecido) é unha reminiscencia da arcana arte feminina do fiado, que tamén é inherente aos mitos de Penélope, Circe e Aracne.

«Soreq» só está especificamente identificado como un lugar na historia de Sansón. Xerome menciona un «Cafarsoreq» que estaba preto de Saraa. No Israel moderno hai un val de Soreq e mesmo un viñedo de Soreq (desde 1994-5). Con todo, «Soreq» é a vide en Xénese 49:11, Isaías 5:2 e Xerome 2:21. Sansón dedicárase desde o ventre da súa nai como nazireo, polo que tiña prohibido tocar o viño e cortar o pelo. Dalila pode ser unha «muller-vide» (compárese co mítico nome grego Enone), personificando as tentacións femininas da vida que traizoarían a súa dedicación nazirea.

John Milton presentouna como perdida e estúpida mais amablemente tentadora, moi parecida á súa versión de Eva, na súa obra de 1671 Sansón Agonista.

Referencias culturais[editar | editar a fonte]

  • Dalila é a protagonista feminina da ópera de Camille Saint-Saëns Samson et Dalila. A obra, baseada na historia bíblica da sedución de Sansón por Dalila, é a única ópera do compositor que forma parte do repertorio estándar francés —algúns teatros doutros países prográmana habitualmente, especialmente o MET—, aínda que algunha vez se repoñan outras óperas súas como La Princesse jaune e Henry VIII.
  • A compositora Regina Spektor creou unha canción chamada Samson na que fala desde a perspectiva de Dalila, e como as cousas foron malinterpretadas, deixándoa ver como vilá.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]