Goma de mascar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pastillas de goma de mascar.

A goma de mascar é unha goma para mastigar con sabor doce. Se ben a maioría das actuais teñen unha base de plástico neutro, o acetato polivinílico, até hai relativamente pouco tempo empregábase un polímero gomoso que se obtiña do zume dunha árbore tropical, a Manilkara zapota (Manilkara chicle), especie da familia das Sapotáceas orixinaria de México e América Central.[1] Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizábana para mastigar.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aira, Toni (maio de 2009). "El xiclet és un llegat dels hàbits higiènics de l'antigua cultura maia". Sàpiens (Barcelona) (79): 13. ISSN 1695-2014.
  2. Duran, Xavier (xuño de 2011). "El xiclet". Sàpiens (Barcelona) (104): 22. ISSN 1695-2014.