Manilkara zapota
| Zapoticeiro Manilkara zapota | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||
| Manilkara zapota (L.) P.Royen |
|||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||
Manilkara zapota, o zapoticeiro, (do portugués sapotizeiro) é unha árbore tropical da familia das sapotáceas (antes chamado Sapota zapotilla ou Achras zapota) orixinario de México, América central e América do Sur tropical. Polo seu sabor doce e aromático, numerosos pobos amerindios utilizaban a goma para mascar. Noutras partes de Iberoamérica, a palabra é sinónima de goma de mascar; con todo a meirande parte das gomas de mascar actuais empregan unha base de plástico neutro, o acetato polivinílico. Até hai relativamente pouco tempo utilizábase aínda este zume como material para facer chicles. Tamén lle chaman árbore do chicle, do náhuatl tzictli[3].
Índice |
Recolla [editar]
O proceso da colleita do chicle aseméllase moito á que se usaba para a extracción do caucho da Hevea brasiliensis.
Entre xullo e febreiro, na estación chuviosa, o toro da árbore márcase de mañá cedo con fendas de machado pouco fondas e en zigzag, para que o zume abrolle polos cortes e se deposite en saquetiños colocados a ese efecto; á tarde, os chicleiros apañan o quilogramo e medio (aproximadamente) de zume que abrollou e o transportan a a plantas de procesamento.
A M. zapota non se explota até cumprir os 25 anos, e, xa que escarifica os cortes antigos, só poden drenarse de cada árbore unha vez cada dous ou tres anos. A demanda da goma de mascar medrou enormemente ao longo do século pasado, o que conduciu á utilización doutras especies parecidas (M. bidentata ou Mimusops globosa).
Froito [editar]
A M. zapota cultívase tamén polo seu froito comestíbel, semellante á ameixa. A polpa é parda, translúcida e moi doce. En México, esta froita é comercializada con dous nomes: chicozapote e chupeta, verba esta última que provén do náhuatl e significa zapote de mel, precisamente por ser o más doce dos froitos que producen as árbores da familia das sapotáceas. En Guatemala tamén se cultiva con este último nome e se comercializa amplamente por todo o territorio guatemalteco. Úsase incluso a súa madeira para elaborar enfeites artesanais e esculturas con formas moi diversas: ruínas maias, tatús, xaguares, tucanos, etc.[4] En Venezuela chámanlle zapote.
Industrialización [editar]
O mexicano do século XIX Antonio López de Santa Anna, exiliouse nos Estados Unidos. Mentres vivía en Staten Island, Nova York, mercou un cargamento de goma de mascar natural, e un coñecido del, o industrial e inventor Thomas Adams concibiu o proxecto de utilizar o material coma substituto do caucho, que acadaba prezos estratosféricos para a época.
Porén a resina da M. zapota era demasiado branda para ese fin, e Adams perdeu grandes cantidades de diñeiro no proceso, logo de intentar fabricar con ela pneumáticos de bicicleta, xoguetes, botas de chuvia e máscaras. A adición do xeneral López de Santa Anna a mascar o material suxestionoulle a idea de comercializalo coma substituto da parafina, que a mocidade usaba para mascar daquela. En 1869 obtivo unha patente para a goma de mascar, e dous anos despois comezou a comercializala en masa baixo a marca Adams New York Chewing Gum. En 1875 tivo a idea de mesturar o produto con xarape de pradairo e regalicia para darlle sabor.
O sabor de menta, tan popular actualmente, non se introduciu até 1880; nese ano, William White fabricou a primeira goma con ese sabor baixo a marca Yucatán.
Notas [editar]
- ↑ Sinónimos en Tropicos
- ↑ Sinónimos en Catalogue of life
- ↑ "Chicle, el blanco jugo de la selva". http://www.jornada.unam.mx/2007/01/18/index.php?section=sociedad&article=052n1soc.
- ↑ Montemayor, Carlos: "Notas sobre nahuatlismos", en La Jornada, 3 de julio de 2007.