Xilitol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molécula de xilitol

O xilitol é un azucre-alcohol, polialcohol, ou poliol, de tipo monosacárido hidroxenado obtido pola redución do azucre xilosa. UItilízase na industria alimentaria como edulcorante (co código E 967) e obtense comercialmente da madeira de bidueiro.

Características[editar | editar a fonte]

Posúe aproximadamente ó mesmo valor edulcorante que o azucre común ou sacarosa, e o mesmo valor calórico teórico, aínda que a súa absorción polo organismo é baixa (pero progresiva). Non é moi útil para as persoas que desexan reducir peso pero si por outras calidades.

Non é transformado en ácidos polas bacterias presentes na boca e polo tanto, a diferenza da sacarosa, non produce caries. Ten un efecto de arrefriamento do padal polo que os produtos que o conteñen resultan refrescantes. Por todo iso é moi utilizado na industria dos chicles o outras lambetadas.

O xilitol utilizase tamén como un substitutivo da sacarosa nos alimentos para diabéticos debido a que non require de insulina para o seu metabolismo.

A meirande parte dos chicles son adozados con xilitol. A compañía Chupa Chups produce unha pastilla para o alento baseada no xilitol, Smint, que se comercializa no mundo enteiro.

Un consumo excesivo pode ter efectos laxantes. Non se coñecen casos de toxicidade nos humanos polo xilitol: sábese de persoas que consumiron grandes cantidades durante largos períodos de tempo sen aparentes efectos adversos.

Nalgúns animais, a inxestión de xilitol pode causar serios problemas. Os cans que consuman produtos adozados con xilitol poden sufrir unha baixada de azucre no sangue: hipoglicemia, podéndose producir perda de coordinación, depresión, ou colapso despois da toma.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]