Glicosoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tripanosomas no sangue. Estes protozoos conteñen glicosomas.

Os glicosomas son orgánulos celulares do grupo dos microcorpos relacionados cos peroxisomas [1][2] , que se encontran nos protozoos cinetoplástidos como os tripanosomas produtores da enfermidade do sono ou en Leishmania. Os glicosomas están rodeados de membrana e encerran unha matriz proteica densa, que contén encimas da glicólise. Os Trypanosoma brucei que se encontran no sangue humano dependen exclusivamente da glicólise para a produción de ATP, xa que neles esta vía metabólica non funciona correctamente no citosol, e os seus encimas deben estar compartimentalizados no glicosoma.[3] Están facéndose moitas investigacións sobre os glicosomas con vistas a utilizalos como o obxectivo de posibles terapias farmacolóxicas que os alteren.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parsons M (2004). "Glycosomes: parasites and the divergence of peroxisomal purpose". Mol Microbiol 53 (3): 717–24. PMID 15255886. doi:10.1111/j.1365-2958.2004.04203.x. 
  2. Flaspohler, J.A., W.L. Rickoll, S.M. Beverley, and M. Parsons. 1997. Functional identification of a Leishmania gene related to peroxin 2 reveals common ancestry of glycosomes and peroxisomes. Mol. Cell. Biol. 17(3):1093-1101.
  3. C. Guerra-Giraldez, L. Quijada, Ch. Clayton (2002). "Compartimentation of enzymes in a microbody, the glycosome is esential in Trypanosoma brucei". Journal of Cell Science. PMID 12077356.