Géza Maróczy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Geza Maroczy")
Geza Maroczy

Géza Maróczy, nado en Szeged, Hungría, o 3 de marzo de 1870 e finado o 29 de maio de 1951, foi un mestre húngaro de xadrez e un dos mellores xogadores do mundo da súa época. Foi tamén enxeñeiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Géza Maróczy gañou o torneo de menor importancia de Hastings en 1895. Durante os seguintes dez anos fíxose acredor aos premios maiores de varias competencias internacionais. En 1906 conveu os termos para un match polo Campionato do Mundo de Xadrez con Emanuel Lasker, pero varios problemas políticos internos de Cuba -onde ía celebrarse o encontro- obrigaron a cancelar os preparativos.

Retiro e regreso[editar | editar a fonte]

Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess d45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess bdd45.svg Chess ndl45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess ndl45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pdl45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess nld45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess bll45.svg Chess d45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Defensa siciliana. Formación Maróczy

Despois de 1908, Maróoczy retirouse temporalmente do xadrez internacional para dedicar máis tempo á súa profesión como profesor de matemáticas. Ao finalizar a Primeira Guerra Mundial, realizou unha serie de partidas a xeito de regreso, con certo éxito. O hoxe chamado lazo de Maróczy (peóns en c4 e e4 contra a defensa siciliana) leva o seu nome.

Tempo despois, ao final do ano 1927, demoleu ao entón campión de Hungría, Géza Nagy, nun encontro que finalizou ( 5 -0 =3).

Estilo[editar | editar a fonte]

O seu estilo xedrecístico, aínda que sólido, era moi defensivo na súa natureza. As súas defensas acertadas do gambito danés contra Jacques Mieses[1] e Karl Helling[2], que involucraron un estudoso regreso do material sacrificado para lograr crecente vantaxe, foron utilizadas como modelos do xogo defensivo por Max Euwe no seu volume sobre o medio-xogo.

Aron Nimzowitsch, na súa obra O meu sistema, usou o triunfo de Maróczy contra Hugo Süchting (Barmen 1905) como modelo de refreo do opoñente previo á irrupción ofensiva[3].

O seu manexo da dama no final de xogo tamén era moi respectable, como quedou patente na partida contra Frank Marshall (Karlsbad 1907), onde demostrou a súa superioridade no uso desta peza[4]. Tamén podía xogar xadrez espectacular, como ilustrou nun match memorable contra o ofensivo David Janowski (Múnic 1900)[5].

Unha das súas creacións, a mencionada Formación Maróczy, é unha disposición na que as pezas brancas poden adoptar contra algunhas variantes da defensa siciliana. Colocando peóns en e4 e c4, as brancas reducen levemente as súas perspectivas de ataque pero, como contrapartida, inhíbese fortemente o contraxogo das negras.

Valoración da súa carreira[editar | editar a fonte]

Maroczy conseguiu boas puntuacións contra os mellores xadrecistas do seu tempo. Con todo, os campións do mundo leváronlle a dianteira: Wilhelm Steinitz (1 -2 =19) Emanuel Lasker (0 -4 =2), José Raúl Capablanca (0 -3 =5) e Alexander Alekhine (0 -6 =5), fóra de Max Euwe, a quen bateu (4 -3 =15). Pero o estilo defensivo de Maróczy era a miúdo máis que suficiente para bater a xogadores agresivos, por exemplo Joseph Henry Blackburne (5 -0 =3), Mikhail Chigorin (6 -4 =7), Frank Marshall (11 -6 =8), David Janowski (10 -5 =5), Efim Bogoljubov (7 -4 =4) e Frederick Yates (8 -0 =1).

Capablanca tiña a Maróczy en alta estima. Nunha conferencia dada a comezos dos anos 40, referiuse ao húngaro como "moi caballeroso e correcto" e "unha figura amable"; eloxiou a Formación Maróczy como unha contribución importante á teoría da apertura, acreditouno como un "bo profesor" quen axudou moito a que Vera Menchik alcanzase o tope do ranking de xadrez feminino; e "un dos mestres máis grandes do seu tempo". Tamén escribiu del:

"Como xadrecista carecía un pouco en imaxinación e espírito agresivo. O seu xuízo posicional -calidade substancial nun mestre- era excelente. Xogador moi preciso e un excelso artista no fin de xogo, converteuse nun experto en finais con damas. Nun torneo moitos anos atrás gañou un final de cabalos contra o mestre vienés (Georg) Marco que pasou á Historia como un dos finais clásicos nesta especialidade. (...) Respecto da comparación de Maróczy cos mellores xogadores novos de hoxe, a miña opinión é que, con excepción de (Mikhail) Botvinnik e (Paul) Keres, Maróczy no seu tempo era superior a todos os actuais. Se se aprecia que en 1900 Maróczy era un dos mellores xadrecistas do mundo, e que trinta anos despois aínda é capaz de obter ante o campión de Hungría un contundente triunfo, debe convirse en que para comparalo con outro xogador deberase buscar algún cunha performance similar durante un período semellante".

Véxase aquí a partida contra Marco

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]