Mikhail Chigorin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Mikhail Chigorin
Mikhail Chigorin
Mikhail Ivánovich Chigorin
Nacemento: 12 de novembro de 1850
San Petersburgo Rusia Rusia
Falecemento: 25 de xaneiro de 1908
Nacionalidade: Rusa Flag of Russia.svg
Ocupación: Xogador de xadrez

Mikhail Ivánovich Chigorin (en ruso, Михаи́л Ива́нович Чиго́рин), nado o 12 de novembro de 1850 e finado o 25 de xaneiro de 1908, foi un xadrecista ruso. Entre 1883 e 1898 foi un dos cinco mellores xogadores do mundo. É considerado o fundador da escola rusa de xadrez.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu preto de San Petersburgo, onde se estableceu logo de terminar os seus estudos. Aprendeu a xogar ao xadrez aos 16 anos, pero non se sentiu atraído polo xogo ata logo de completar a súa educación e ocupar un posto no goberno. En 1873 apaixonouse polo xadrez, abandonou o seu traballo e converteuse nun xadrecista profesional.

O seu primeiro torneo internacional foi en Berlín en 1881, onde acabou terceiro. Finalizou segundo no torneo de Hastings de 1895, por diante do campión mundial Lasker e de Steinitz. Unicamente o gañador, Harry Nelson Pillsbury, superou a Chigorin. Ademais a Richard Teichmann (8 -3 =1) tíñalle a medida tomada, pero contra Lasker (1 -8 =4) e David Janowski cultivou parciais moi negativos (4 -17 =4). Na Habana (Cuba) disputou o Campionato do Mundo contra Wilhelm Steinitz en dúas ocasións, con resultados respectables: en 1889 perdeu 10,5-6,5 e en 1892 perdeu 12,5-10,5.

Era amante dos gambitos e gran coñecedor do gambito Evans. Chigorin deu nome a diferentes variantes de apertura. A máis importante foi a variante Chigorin da Apertura Ruy López: 1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Bb5 a6 4.Ba4 Cf6 5.O-O Be7 6.Te1 b5 7.Bb3 d6 8.c3 O-O 9.h3 Ca5). Tamén contribuíu ao Gambito de dama coa Defensa Chigorin (1.d4 d5 2.c4 Cc6).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]