Max Euwe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Max Euwe
Max Euwe
Max Euwe 1956
Nacemento: 20 de maio de 1901
Watergraafsmeer Países Baixos Países Baixos
Falecemento: 29 de novembro de 1981
Nacionalidade: Holandesa Flag of the Netherlands.svg
Ocupación: Xogador de xadrez

Machgielis Euwe, mais coñecido como Max Euwe, nado o 20 de maio de 1901 en Watergraafsmeer e finado o 29 de novembro de 1981, foi un xadrecista neerlandés. Foi o quinto Campión do Mundo de xadrez, entre 1935 e 1937.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escultura a Euwe en Amsterdam polo artista José Fijnaut

Estudou matemáticas na Universidade de Amsterdam e foi profesor de matemáticas, primeiro en Róterdam e despois nun instituto feminino de Ámsterdan. Aplicou os seus coñecementos matemáticos ao problema das partidas de xadrez infinitas utilizando a secuencia Thue-Morse.

Foi campión de xadrez dos Países Baixos desde 1921 ata 1935. O 15 de decembro de 1935, tras 30 partidas disputadas en 13 cidades durante un período de 80 días, derrotou ao campión mundial Alexander Alekhine. Perdeu o título contra o mesmo Alekhine en 1937. Tras o falecemento de Alekhine en 1946, algúns consideraron que Euwe tiña un dereito moral ao título, pero accedeu a participar no encontro-torneo de A Haia con outros catro rivais. Quedou en última posición, o novo campión foi Mikhail Botvinnik

Desde 1970 ata 1980 foi presidente da FIDE (Federación Internacional de Xadrez) e desempeñou un importante papel na organización do famoso encontro entre Boris Spassky e Bobby Fischer.

Tamén escribiu moitos libros sobre xadrez, sendo o máis famosos Oordeel en Plan ("Xuízo e Formulación") e estudos sobre aperturas.

En Ámsterdan hai unha Max Euwe Plein (praza) cerca do Leidseplein. Hai un museo dedicado a Max Euwe e unha gran colección de libros de xadrez. A súa neta, Esmee Lammers, escribiu un libro para nenos titulado Lang Leve de Koningin ("Longa vida á Raíña"), que é moi popular entre a mocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alexander Alekhine
Campión do mundo de xadrez
1935–1937
Sucesor:
Alexander Alekhine