Alexandre Alekhine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexander Alekhine")
Alexander Alekhine
Alexander Alekhine
Aleksandr Alekhine
Nacemento: 1892
Moscova Rusia Rusia
Falecemento: 1946
Estoril Portugal Portugal
Nacionalidade: Rusa, posteriormente francesa
Ocupación: Xogador de xadrez

Alexandre Alekhine,[1] nado como Aleksandr Aleksandrovich Alekhin (en ruso Александр Александрович Алехин) en Moscova en 1892 e finado en Estoril en 1946, foi un xadrecista ruso, nacionalizado francés. Foi un dos máis grandes campións mundiais, coñecido polo seu estilo agresivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alekhine naceu no seo dunha familia rica de Moscova. O seu pai era terratenente e membro da Duma e a súa nai era filla dun rico industrial. En 1909 obtivo a súa primeira vitoria, ao gañar o Torneo Amateur de Rusia en San Petersburgo cunha puntuación de doce vitorias, dúas derrotas e dous empates. Grazas a este torneo obtivo o título de mestre nacional.

No gran torneo de 1914 en San Petersburgo, coa participación da maioría dos mellores xogadores do mundo (coa excepción dos do Imperio Austrohúngaro), quedou terceiro tras Lasker e Capablanca. Ao concluír este torneo, o Tsar Nicolás II proclamou aos cinco gañadores de premios (Lasker, Capablanca, Alekhine, Tarrasch e Marshall) como "Grandes Mestres do Xadrez".

Despois da Revolución Rusa, en 1919, foi acusado de espionaxe e encarcerado en Odessa. Ao ser liberado marchou a Francia en 1921. En 1925 obtivo a cidadanía e entrou na facultade de leis da Sorbona. A pesar de non rematar a tese, foi coñecido como Doutor Alekhine o resto da súa vida.

Alexander Alekhine e José Raúl Capablanca

En 1927 venceu a Capablanca en Bos Aires e converteuse en campión do mundo ata 1935, cando perdeu fronte a Max Euwe, derrota atribuída ao abuso do alcohol. En 1937 recuperou o seu título. Durante a Segunda Guerra Mundial xogou torneos en Alemaña e en territorios ocupados por ela. En 1941 apareceron artigos antisemitas co seu nome no Pariser Zeitung, e aínda que non se demostrou a súa veracidade, foi acusado de colaborar co inimigo.

Morreu mentres estudaba xogadas para o seu enfrontamento con Mikhail Botvinnik nun hotel de Estoril.

Xogo[editar | editar a fonte]

Chess zhor 26.png
Chess zver 26.png
Chess rdl45.svg Chess ndd45.svg Chess bdl45.svg Chess qdd45.svg Chess kdl45.svg Chess bdd45.svg Chess l45.svg Chess rdd45.svg
Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg Chess pdd45.svg Chess pdl45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess ndd45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess pll45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg
Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg Chess d45.svg Chess l45.svg
Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg Chess l45.svg Chess pld45.svg Chess pll45.svg Chess pld45.svg
Chess rld45.svg Chess nll45.svg Chess bld45.svg Chess qll45.svg Chess kld45.svg Chess bll45.svg Chess nld45.svg Chess rll45.svg
Chess zver 26.png
Chess zhor 26.png
Defensa Aliojin ou Alekhine. Posición principal.

Alekhine foi un ávido estudante do xogo. Algunhas aperturas e variacións levan o seu nome, sendo a máis coñecida a chamada defensa Alekhine: 1.e4 ♞ f6.

A idea básica da defensa Alekhine é provocar o avance prematuro dos peóns brancos. Unha continuación típica seria 2.e5,♞d5;3.c4,♞b6;4.d4, co que se consegue o avance dos peóns brancos, facendo que se fagan débiles para mais tarde ser obxectivo das negras.

Predecesor:
José Raúl Capablanca
Campión do mundo de xadrez
1927–1935
Sucesor:
Max Euwe
Predecesor:
Max Euwe
Campión do mundo de xadrez
1937–1946
Sucesor:
Mikhail Botvinnik

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome da sua nacionalización como cidadán francés. Vexa Journal Officiel de la Republique Française.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.