George Martin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Martin
George Martin.jpg
Sir George Martin
Nome completo George Henry Martin
Naceu 3 de xaneiro de 1926 (88 anos)
Orixe Highbury, Londres, Inglaterra
Ocupación (s) Productor discográfico, Arreglista, Compositor
Xénero Rock - Pop - Clásica
Instrumento(s) Oboe, Piano, Instrumentos de teclado, Guitarra
Selo(s) discográfico (s) EMI, Parlophone
Relacionado con The Beatles, Wings, America, Paul McCartney, Yoshiki
Tempo en activo 1950-presente

Sir George Martin, CBE, nado o 3 de xaneiro de 1926 en Londres (Inglaterra), é un productor discográfico, arreglista , compositor, director de orquestra, enxeñeiro de son e músico inglés, coñecido principalmente por producir case a totalidade dos álbums dos Beatles, entre outros proxectos musicais. Ademais de ser coñecido como o Quinto Beatle, é pai do tamén productor Giles Martin, e do actor Gregory Paul Martin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na Segunda Guerra Mundial, para a Royal Air Force, onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En 1947, cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na Guildhall School of Music and Drama piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.

Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica EMI en Inglaterra, a Parlophone. Esta subdivisión encargábase da distribución de música clásica e grabacións cómicas (destacando sátiras a Mozart do actor Peter Ustinov) e estaba a piques de ser pechada cando Brian Epstein, mánager dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre 1961 e 1962 (a compañía discográfica Decca rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "Love Me Do", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.

O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en 1963, Please Please Me. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como productor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o quinto Beatle".

O educado oído de Martin, axuntado ao seu gusto pola música clásica, convertérono nun dos productores máis respectados de todos os tempos, levando aos Beatles a niveis creativos insuperables (que incluían arreglos de cordo, novas técnicas de composición e experimentacións sonoras con diversos estilos e instrumentos). Ademais de ser un revolucionario na técnica: foi o primeiro productor no Reino Unido en utilizar oito canles de grabación (en dúas consolas de catro canles cada unha) para o disco Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967). En 1970, John Lennon chamou a Phil Spector para producir o que sería o álbum póstumo dos Beatles: o controvertido Let It Be. Foi o primeiro traballo do cuarteto non producido por Martin. Coa separación do grupo ese ano, Martin produciu traballos de xente como Shirley Bassey, America ou Bernard Cribbins.

Realizou orquestacións para algunhas películas, entre elas destacan The family way, para a cal compuxo e orquestrou xunto a Paul McCartney, facéndose acreedores ao Premio Ivor Novello en 1966. Tamén fixo arreglos para Yellow Submarine (1968), filme de animación psicodélica coas cancións dos Beatles e Live and Let Die (1973), da saga de James Bond, de novo xunto a Paul McCartney.

Na década dos '90 foi nomeado Sir pola Raíña de Inglaterra.

En 1993 traballou con Yoshiki (X Japan) para gravar o álbum "Eternal Melody" xunto á Orquestra Filarmónica de Londres. O álbum contén temas da banda xaponesa en versións sinfónicas, como "Rose of Pain" ou "Endless Rain". Tamén foi introducido ao Salón da Fama do Rock en 1999.

É, actualmente, un dos productores máis respectados da historia da música popular, malia non estar en actividade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]