Magical Mystery Tour

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Magical Mystery Tour
Álbum de The Beatles
Publicado27 de novembro de 1967
Duración36:32
Xénero(s)Música rock, rock psicodélico, pop barroco
Selo(s)Capitol Records
Producido porGeorge Martin

Magical Mystery Tour é un álbum da banda de rock británica The Beatles, lanzado nos Estados Unidos o 27 de novembro de 1967. As cancións deste álbum foron grabadas polos Beatles durante un período de 11 meses, que incluía o Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band.

Tamén é o nome dunha película para televisión que se publicou orixinalmente no Reino Unido. Despois dunha acollida negativa, tanto da crítica como do público, canceláronse os plans de emisión da película por parte da cadea de televisión norteamericana ABC, e a película Magical Mystery Tour non apareceu nos Estados Unidos ata a súa estrea en 1976 nos cines de medianoite e nos circuítos universitarios.