Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rubber Soul é o sexto álbum da banda inglesa de rock The Beatles, editado o 3 de decembro de 1965 a través do selo Parlophone. Producido por George Martin, foi gravado en pouco máis de catro semanas para a campaña de Nadal. A diferenza dos cinco discos anteriores, este álbum foi gravado nun período específico e non nos ocos entre as xiras ou entre as filmacións de películas. Despois deste traballo, cada álbum da banda sería realizado sen a necesidade de prestar atención a outros compromisos, coa excepción da produción de pequenos filmes promocionais. Rubber Soul trátase dun disco de folk rock, e tamén incorpora pop e soul. O álbum foi descrito como un logro artístico importante, alcanzando un gran éxito de crítica e publico.
Rubber Soul foi un éxito comercial e de crítica e adoita a ser citado coo un dos mellores álbums da historia da música. No ano 2012 foi colocado no número 5 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[1].
Listaxe de cancións [editar]
Todas os temas escritos e compostos por John Lennon e Paul McCartney agás onde se indique.