Galegos no Giro de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente López Carril.

Tralo Giro de Italia 2014, só en 21 das 97 edicións disputadas houbo representación de ciclistas galegos no Giro de Italia. A primeira delas foi no Giro de Italia 1954, cando o ponteareán Emilio Rodríguez foi seleccionado entre os 7 integrantes do equipo español, téndose que retirar antes do remate da proba. Dende entón outros 17 corredores galegos teñen participado na segunda carreira ciclista máis importante do mundo, salientando os resultados acadados por Vicente López Carril e Marcos Serrano, que conseguiron rematar entre os 10 primeiros da clasificación xeral (cuartos e oitavo). A única vitoria de etapa acadouna López Carril na edición de 1971 no ascenso ó Gran Sasso. Na edición de 2009 houbo a maior participación galega na proba italiana con cinco ciclistas por mor da presenza do equipo Xacobeo Galicia.

De seguido amósase unha lista cos datos sobre os corredores, colocados segundo a posición acadada na súa mellor participación:

Vicente López Carril[editar | editar a fonte]

Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 6 edicións do Giro de Italia, completando a proba nas 6 ocasións, e rematando 2 veces entre os 10 primeiros clasificados. A súa mellor participación foi a do ano 1972, cando acadou o cuarto posto na clasificación xeral, que liderou o belga Eddy Merckx. É o único ciclista galego que gañou unha etapa na carreira italiana, o 25 de maio de 1971 no Gran Sasso.

Ciclista 1967 1968 1969 1970 1971 1972 1973 1974 1975 1976 1977
Vicente López Carril[1] 23º - - - 12º - 22º - 55º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

  • 1 vitoria de etapa (en 1971).

Marcos Serrano Rodríguez[editar | editar a fonte]

Marcos Serrano (1972- ) competiu en 2 edicións do Giro de Italia, completando a proba só na primeira ocasión, na que rematou oitavo, sendo o primeiro ciclista español da clasificación xeral.

Ciclista 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006
Marcos Serrano Rodríguez[2] - - - - - - - - Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Óscar Pereiro Sío[editar | editar a fonte]

Óscar Pereiro (1977- ) competiu nunha edición do Giro de Italia no seu primeiro ano no equipo Phonak, completando a proba no posto 11 da clasificación xeral.

Ciclista 2002
Óscar Pereiro Sío[3] 11º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Álvaro Pino Couñago[editar | editar a fonte]

Álvaro Pino (1956- ) competiu en 3 edicións do Giro de Italia, completando a proba nas dúas primeiras ocasións. A súa mellor participación foi a do ano 1983, cando rematou no posto 19 da clasificación xeral.

Ciclista 1982 1983 1984
Álvaro Pino Couñago[4] 30º 19º Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Jesús Blanco Villar[editar | editar a fonte]

Jesús Blanco Villar (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 25 da clasificación xeral.

Ciclista 1989
Jesús Blanco Villar[5] 25º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Luis Sánchez de la Rocha[editar | editar a fonte]

José Luis Sánchez (1972- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 61 da clasificación xeral.

Ciclista 1996
José Luis Sánchez de la Rocha[6] 61º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Gustavo Miguel Otero Gómez[editar | editar a fonte]

Gustavo Otero (1973- ) competiu en 2 edicións do Giro de Italia, completando a proba nunha ocasión, na que rematou no posto 62 da clasificación xeral.

Ciclista 2001 2002
Gustavo Miguel Otero Gómez[7] Ab. 62º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

David Blanco Rodríguez[editar | editar a fonte]

David Blanco (1975- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 66 da clasificación xeral.

Ciclista 2011
David Blanco Rodríguez[8] 66º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Ángel Vidal Martínez[editar | editar a fonte]

José Ángel Vidal (1969- ) competiu en tres edicións do Giro de Italia, completando a proba nas dúas últimas ocasións. A súa mellor clasificación xeral foi no posto 78.

Ciclista 1994 1995 1996 1997
José Ángel Vidal Martínez[9] Ab. - 85º 78º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Gonzalo Rabuñal Ríos[editar | editar a fonte]

Xacobeo Galicia participou na edición 2009 do Giro.

Gonzalo Rabuñal (1984- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 115 da clasificación xeral.

Ciclista 2009
Gonzalo Rabuñal Ríos[10] 115º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Delio Fernández Cruz[editar | editar a fonte]

Delio Fernández (1986- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 124 da clasificación xeral.

Ciclista 2009
Delio Fernández Cruz[11] 124º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

José Manuel Oliveira Boga[editar | editar a fonte]

José Manuel Oliveira (1967- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 140 da clasificación xeral.

Ciclista 1990
José Manuel Oliveira Boga[12] 140º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Serafín Martínez Acevedo[editar | editar a fonte]

Serafín Martínez (1984- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 142 da clasificación xeral.

Ciclista 2009
Serafín Martínez Acevedo[13] 142º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Gustavo César Veloso[editar | editar a fonte]

Gustavo César Veloso (1980- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 145 da clasificación xeral.

Ciclista 2009
Gustavo César Veloso[14] 145º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Jesús Rodríguez Carballido[editar | editar a fonte]

Jesús Rodríguez Carballido (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, completando a proba no posto 158 da clasificación xeral.

Ciclista 1990
Jesús Rodríguez Carballido[15] 158º

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Emilio Rodríguez Barros[editar | editar a fonte]

Emilio Rodríguez (1923-1984) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.

Ciclista 1954
Emilio Rodríguez Barros[16] Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Manuel Carrera Punzón[editar | editar a fonte]

Manuel Carrera (1962- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.

Ciclista 1987
Manuel Carrera Punzón[17] Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

David García Dapena[editar | editar a fonte]

David García (1977- ) competiu nunha edición do Giro de Italia, tendo que abandonar a carreira.

Ciclista 2009
David García Dapena[18] Ab.

Lenda: "-" Non participou. "Ab." Abandono da carreira.

Participantes por edición[editar | editar a fonte]

Edición Galegos Nomes
2011 1 David Blanco Rodríguez [19]
2009 5 Gonzalo Rabuñal Ríos, Delio Fernández Cruz, Serafín Martínez Acevedo, Gustavo César Veloso, David García Dapena [20]
2006 1 Marcos Serrano Rodríguez [21]
2002 2 Óscar Pereiro Sío, Gustavo Miguel Otero Gómez [22]
2001 1 Gustavo Miguel Otero Gómez [23]
1997 2 Marcos Serrano Rodríguez, José Ángel Vidal Martínez [24]
1996 2 José Luis Sánchez de la Rocha, José Ángel Vidal Martínez [25]
1994 1 José Ángel Vidal Martínez [26]
1990 2 José Manuel Oliveira Boga, Jesús Rodríguez Carballido [27]
1989 1 Jesús Blanco Villar [28]
1987 1 Manuel Carrera Punzón [29]
1984 1 Álvaro Pino Couñago [30]
1983 1 Álvaro Pino Couñago [31]
1982 1 Álvaro Pino Couñago [32]
1977 1 Vicente López Carril [33]
1975 1 Vicente López Carril [34]
1974 1 Vicente López Carril [35]
1972 1 Vicente López Carril [36]
1971 1 Vicente López Carril [37]
1967 1 Vicente López Carril [38]
1954 1 Emilio Rodríguez Barros [39]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vicente López Carril en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  2. Marcos Serrano en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  3. Óscar Pereiro en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  4. Álvaro Pino en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  5. Jesús Blanco Villar en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  6. José Luis Sánchez de la Rocha en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  7. Gustavo Miguel Otero Gómez en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  8. David Blanco Rodríguez en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  9. José Ángel Vidal Martínez en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  10. Gonzalo Rabuñal Ríos en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  11. Delio Fernández Cruz en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  12. José Manuel Oliveira Boga en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  13. Serafín Martínez Acevedo en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  14. Gustavo César Veloso en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  15. Jesús Rodríguez Carballido en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  16. Emilio Rodríguez Barros en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  17. Manuel Carrera Punzón en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  18. David García Dapena en sitiodeciclismo.net (en castelán)
  19. Participantes do Giro de Italia 2011 na páxina web Esciclismo (en castelán)
  20. Participantes do Giro de Italia 2009 na páxina web do Diario AS (en castelán)
  21. Participantes do Giro de Italia 2006 na páxina web de La Gazzetta dello Sport (en italiano)
  22. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 2002 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  23. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 2001 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  24. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1997 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  25. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1996 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  26. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1994 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  27. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1990 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  28. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1989 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  29. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1987 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  30. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1984 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  31. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1983 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  32. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1982 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  33. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1977 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  34. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1975 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  35. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1974 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  36. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1972 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  37. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1971 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  38. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1967 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)
  39. Participantes e clasificacións do Giro de Italia 1954 na páxina web Memoire du Cyclisme (en francés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]