David García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David García
David Garcia Dapena EB08.jpg
Información persoal
Nacemento David García Dapena
30 de outubro de 1977 (37 anos)
Marín
Nacionalidade Galicia Galicia
Equipo
Último equipo Xacobeo Galicia
Equipo(s) Pro
1999
2000-03
2004
2005-06
2007-08
2009-10
LaPecol
Cantanhede
LaPecol
Liberty Seguros
Karpin Galicia
Xacobeo Galicia
Principais vitorias
*Jersey yellow.svg Volta a Turquía
David García Dapena

David García Dapena, nado en Marín o 30 de setembro de 1977, é un ciclista galego que na actualidade corre co equipo Xacobeo Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como moitos outros ciclistas galegos comezou a súa andaina profesional en pequenas voltas e equipos de Portugal. No caso de David García o seu primeiro clube foi o LaPecol, en 1999, ao que regresaría en 2004 logo de militar tres anos no Cantanhede. É precisamente con este último cando en 2001 consegue o seu primeiro resultado de renome, ao vencer nunha tirada da Volta a Portugal, feito que repetiría en 2002. No 2005 ficha polo tamén portugués Liberty Seguros, onde se mantén dúas tempadas.

En 2007 integra o Karpin Galicia. Con este conxunto desputa a súa primeira Vuelta a España, que remata na posición 23ª. Tamén nese ano queda sétimo no campionato de España de fondo en estrada. O ano da súa consagración foi o 2008. Nel conseguiu a vitoria na xeral da Volta a Turquía (o primeiro título dunha rolda por tiradas do seu equipo) e posteriormente a vitoria na decimoquinta tirada da Vuelta a España, con chegada en Ponferrada.

Dopaxe[editar | editar a fonte]

O 30 de setembro de 2010 a Unión Ciclista Internacional fixo público os resultados positivos dunha análise antidopaxe realizada a Ezequiel Mosquera e a David García o día 16 de setembro, durante unha tirada da Vuelta a España. A substancia presuntamente detectada é hidroxietilo, un encubridor doutras substancias[1]. Uns días máis tarde, a mesma entidade fixo público un segundo positivo[2], neste caso por EPO, durante unha tirada da mesma proba española. Este segundo positivo, a diferenza do primeiro, levaba aparellada unha suspensión con carácter provisional.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]