Óscar Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Óscar Pereiro Sío")
Óscar Pereiro
Óscar Pereiro vestido de amarelo no Tour de Francia 2006.

Óscar Pereiro Sío, nado en Petelos (Mos) o 3 de agosto de 1977, é un ciclista galego retirado, profesional entre os anos 2000 e 2010,[1] cuxo principal éxito foi acadar a vitoria na clasificación xeral do Tour de Francia 2006, converténdose no quinto ciclista español que gañaba a prestixiosa carreira francesa. Trala súa retirada como ciclista profesional, debutou como futbolista disputando unha tempada co equipo filial do Coruxo Fútbol Club, ó tempo que comezaba a colaborar como comentarista deportivo radiofónico na COPE. Ó ano seguinte deixou o fútbol para probar sorte no mundo dos rallys, disputando varias probas da edición 2012 do Campionato de España, ó tempo que comezou a traballar como colaborador do programa de televisión Punto Pelota.

Traxectoria como ciclista[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Pereiro comezou na súa mocidade pola práctica do ciclocross, deporte do que foi subcampión estatal sub-23 con 17 anos 1994 e máis tarde campión por dúas veces. En 1995 chegou a ser campión galego ao mesmo tempo de tres especialidades: afeccionado en estrada, montaña e ciclocross.

Decidiuse polo ciclismo en estrada grazas aos consellos do adestrador valenciano Paco Pla.

Pereiro fíxose profesional no ano 2000 ao entrar no equipo portugués Porta da Ravessa. En decembro de 2001 Álvaro Pino comunícalle a posibilidade de que entre a formar parte do equipo suízo Phonak, ás súas ordes, e incorpórase definitivamente a el en 2002.

Ese mesmo ano gañou unha tirada da Semana Catalá de Ciclismo e quedou no 11º posto do Giro de Italia, a súa primeira carreira de tres semanas.

En 2003 gañou unha tirada e quedou de terceiro na Volta a Suíza. Conseguiu tamén o 2º posto da Volta a Burgos 2003. En 2004, foi 10º no Tour de Francia e 17º na Vuelta a España , ademais de vencer a Clásica dos Alpes.

Ano 2005[editar | editar a fonte]

Pereiro xogou un papel moi importante no Tour de Francia deste ano. Non só quedou 10º na clasificación xeral, recibindo o premio á combatividade, senón que foi grande protagonista de dúas tiradas:

  • Na 15ª tirada, nos Pireneos e con final en St-Lary-Soulan, tras subir catro portos de primeira categoría, un de segunda e un de categoría especial ó final, Pereiro quedou segundo tras George Hincapie. Un xurado composto por ex-ciclistas e xornalistas concedeulle ó premio á combatividade dese día.
  • Na 16ª tirada, con final en Pau, Pereiro quedou gañador tras escaparse do pelotón xunto con outros tres ciclistas. Esta vitoria deulle un grande prestixio, xa que durante a tirada atravesárase o famoso Col d'Aubisque (de categoría especial)

Tamén gañou ese ano unha tirada da Volta a Romandía, na que quedou en 7º posto, alén de ser 6º da Volta a Euscadi.

Pereiro integrou a selección española que participou nos Mundiais de ciclismo de Madrid, o 25 de setembro de 2005, na proba de fondo en estrada. Rematou a proba na posición 50ª.

Venta de tirada[editar | editar a fonte]

Pereiro rematou na segunda posición na 15ª tirada que percorreu os Pireneos, por detras de George Hincapie. En xaneiro de 2014, confesou nun programa de radio que este resultado produciuse tras negociar co ciclista estadounidense un prezo para deixarse gañar, aínda que segundo a súa versión, nun primeiro momento Pereiro pensou que Hincapie estáballe a ofrecer o trato ao revés: pedíndolle cartos ao ciclista galego para deixarlle a victoria da tirada máis importante do Tour de ese ano.[2] Nas súas explicacións, Pereiro tamén conta como, dado este erro de interpretación, se colocou ben o maillot e as gafas antes de chegar á meta. Nas imaxes da tirada non se aprecia que fixera nada do que describe, como tampouco parece que estivese correndo sabéndose gañador da etapa, pero si pode verse que mantén unha breve conversa con Hincapie a falta duns kilómetros para o final.[3]

As prácticas de compra e venta de competicións deportivas están prohibidas pola UCI, pero prescriben aos oito anos de producirse. No momento que Pereiro confesou esta ilegalidade xa se cumprira este prazo, xa que pasaron oito anos e medio.

Ano 2006[editar | editar a fonte]

Óscar Pereiro.

No Tour de Francia deste ano, Pereiro tivo unha destacada presenza. Ó principio, e tras sufrir unha "baixada de azucre" (segundo el mesmo) na 11ª tirada, situouse a 28 minutos e 52 segundos respecto do primeiro clasificado.

Porén, dous días máis tarde, na 13ª tirada, Pereiro poñíase no primeiro lugar da clasificación xeral, vestindo a camisola do equipo Caisse d'Épargne-Illes Balears, ó chegar á meta 29 minutos e 57 segundos por diante do pelotón. Isto debeuse a que o equipo do entón líder, Floyd Landis, quería ceder a responsabilidade do liderato a outro corredor, con vistas a recuperalo nos Alpes na seguinte semana.

Así, Pereiro convertíase no primeiro galego en vestir o mailló amarelo no Tour. Porén, tres días máis tarde (na 15ª tirada, con final no Aup d'Ueis), perdía esa mesma camisola por tan só 10 segundos.

Pero un día máis tarde, na 16ª tirada, con final en La Toussouire, Pereiro recuperou o liderado do Tour ó sacarlle case dez minutos ó estadounidense Floyd Landis, que sufriu un desfalecemento durante a subida final. Despois da seguinte tirada, a que rematou dez quilómetros despois do porto de Joux-Plane, Óscar Pereiro retivo o mailló amarelo, pero coas diferencias moi exiguas: o segundo, o español Carlos Sastre, estaba a 12 segundos e o estadounidense Landis a 30 segundos.

Estas diferenzas non abondaron na contrarreloxo do día seguinte, na que Landis rematou un minuto e 29 segundos por diante de Pereiro, converténdose así no gañador da edición do Tour de Francia dese ano. Malia todo, na clasificación xeral, Pereiro rematou sendo segundo, 57 segundos por detrás de Landis. Porén, uns días despois, fíxose pública a dopaxe de Floyd Landis por testosterona. Ao confirmarse o positivo, Pereiro converteuse de facto en vencedor do Tour 2006, o primeiro galego en facelo. Porén, o Tour non recoñeceu a súa vitoria durante meses, de xeito que a edición de 2006 non recolleu ningún vencedor. O 18 de febreiro de 2006, o xornal francés Le Monde publicaba unha noticia onde se acusaba a Pereiro de tomar substancias dopantes. O produto, salbutamol, é un medicamento contra a asma, para o que Pereiro estaba autorizado e consumido nunha proporción menor[4] á tolerada polos regulamentos antidopaxe. O 25 de febreiro, a Axencia Antidopaxe Francesa arquivaba esta acusación.

Investigación por dopaxe[editar | editar a fonte]

O 18 de xaneiro de 2007 o diario francés Le Monde publicou que Pereiro dera dous positivos no Tour de Francia 2006. Segundo esta información estos positivos producíranse nas tiradas 14ª e 16ª pola sustancia salbutamol.[5] O salbutamol é un medicamento para tratar os síntomas do asma, e o seu uso está autorizado se o cilista presenta un certificado médico para o seu consumo. No caso de Pereiro, a axencia antidopaxe francesa considerou nun primeiro momento que a xustificación presentada polo ciclista era insuficiente, e concedeulle un prazo dunha semana para aclarar a situación. Finalmente, o 25 de xaneiro, a axencia antidopaxe francesa pechou a investigación xa que Pereiro proporcionou a xustificación médica que se lle pedira.

Ano 2007[editar | editar a fonte]

Óscar Pereiro comezaba o Tour de Francia 2007 sen que lle recoñecesen a vitoria da edición anterior. Así, sairía de último na tirada prólogo, que arrincaba en Londres, pero no canto de levar o dorsal número 1 levaría o 11. Tampouco figuraba como o líder do seu equipo, o Caisse d'Epargne, onde traballou para mellorar a clasificación do líder do conxunto, o español Alejandro Valverde. Finalmente, rematou en décima posición, co que sumaba tres edicións consecutivas da rolda gala entre os dez mellores.

No Tour de Francia[editar | editar a fonte]

Tirada Data Cidades km Resultado de Óscar Pereiro Posición na xeral
Prólogo 7 de xullo Londres-Londres 8 contrarreloxo 21º, a 37" de Fabian Cancellara 21º, a 37" de F. Cancellara
1ª tirada 8 de xullo Londres-Canterbury 203 73º, co mesmo tempo ca Robbie McEwen 22º, a 37" de F. Cancellara
2ª tirada 9 de xullo Dunkerque-Gante 167 129º, co mesmo tempo ca Gert Steegmans 25º, a 37" de F. Cancellara
10 de xullo Waregem-Compiègne 236 18º, co mesmo tempo ca F. Cancellara 25º, a 57" de F. Cancellara
11 de xullo Villers-Cotterêts-Joigny 190 57º, co mesmo tempo ca Thor Hushovd 25º, a 57" de F. Cancellara
12 de xullo Chablis-Autun 184 39º, co mesmo tempo ca Filippo Pozzato 18º, a 57" de F. Cancellara
13 de xullo Semur-en-Auxois-Bôrg 200 101º, co mesmo tempo ca Tom Boonen 19º, a 57" de F. Cancellara
14 de xullo Bôrg-Le Grand-Bornand 197 11º, a 3'38" de Linus Gerdemann 15º, a 4'03" de L. Gerdemann
15 de xullo Le Grand-Bornand-Tignes 165 15º, a 4'03" de Michael Rasmussen 14º, a 3'54" de M. Rasmussen
17 de xullo Lavâl-Briançon 161 16º, a 3'24" de Mauricio Soler 15º, a 6' 36" de M. Rasmussen
10ª 18 de xullo Talard-Marsella 229 18º, a 10'36" de Cédric Vasseur 14º, a 6' 36" de M. Rasmussen
11ª 19 de xullo Marsella-Montpellier 180 26º co mesmo tempo ca Robert Hunter 13º, a 6'36" de M. Rasmussen
12ª 20 de xullo Montpellier-Castres 179 50º co mesmo tempo ca Tom Boonen 13º, a 6'36" de M. Rasmussen
13ª 21 de xullo Albi-Albi 54 contrarreloxo 19º, a 3'23" de Alexander Vinocurov 14º, a 7'04" de M. Rasmussen
14ª 22 de xullo Masamet-Plateau de Beille 197 13º, a 3'45" de Alberto Contador 11º, a 11'01" de M. Rasmussen
15ª 23 de xullo Fois-Loudenvielle - Le Louron 196 28º, a 9'00" de Alexander Vinocurov 13º, a 14'30" de M. Rasmussen
16ª 25 de xullo Ortès-Goreta Porto de Aubisca 218 a 2'27" de M. Rasmussen 12º, a 17'17" de M. Rasmussen
17ª 26 de xullo Pau-Los Sarrasins 188 92, a 9'39" de Daniele Bennati 11º, a 14'07" de A. Contador
18ª 27 de xullo Cahors-Angoulême 210 17º, a 8'37" de Sandy Casar 11º, a 14'07" de A. Contador
19ª 28 de xullo Cognac-Angoulême 55 contrarreloxo , a 2'36" de Levi Leipheimer 10º, a 14'25" de A. Contador
20ª 29 de xullo Marcoussis-París Campos Elisios 130 46, a 5" de Daniele Bennati 10º, a 14'25" de A. Contador

Na Vuelta a España[editar | editar a fonte]

Entre o Tour e a Vuelta a España Pereiro seguiu a dúa preparación co Tour do Lemosín, onde quedou segundo da xeral. Na Vuelta, que comezou o 1 de setembro en Vigo, Pereiro foi líder do seu conxunto, logo de que Valverde decidise non participar para preparar o Mundial de ciclismo.

Ano 2008[editar | editar a fonte]

No ano 2008, Pereiro quedou en terceira posición no campionato de España de ciclismo, onde obtivo a medalla de bronce.

No Tour de Francia[editar | editar a fonte]

Tirada Data Cidades Posición e tempo Distancia ao líder
1ª tirada 5 de xullo Brest-Plumelec 10º, a 1" de Alejandro Valverde 10º, a 1" de A. Valverde
2ª tirada 6 de xullo Auray-Saint-Brieuc 56º, co mesmo tempo ca Thor Hushovd 11º, a 1" de A. Valverde
7 de xullo Saint-Malo-Nantes 50º, a 2'03" de Samuel Dumoulin 12º, a 1'46" de R. Feillu
8 de xullo Cholet-Cholet contrarreloxo 18º, a 1'28" de S. Schumacher 14º, a 1'22" de S. Schumacher
9 de xullo Cholet-Châteauroux 44º, co mesmo tempo ca Mark Cavendish 14º, a 1'22" de S. Schumacher
10 de xullo Aigurande-Super-Besse 13º, a 15" de Riccardo Riccò 10º, a 1'21" de Kim Kirchen
11 de xullo Briude-Orlhac , a 6" de Luis León Sánchez , a 1'21" de Kim Kirchen
12 de xullo Fijac-Tolosa 20º, co mesmo tempo ca Mark Cavendish , a 1'21" de Kim Kirchen
13 de xullo Tolosa-Banhèras 22º, a 1'17" de Riccardo Riccò , a 1'21" de Kim Kirchen
10ª 14 de xullo Pau-Hautacam 22º, a 7'03" de Leonardo Piepoli 17º, a 6'01" de Cadel Evans
11ª 16 de xullo Lanamesa-Fois 80º, a 14'51" de Kurt-Asle Arvesen 17º, a 6'01" de Cadel Evans
12ª 17 de xullo Lavelanet-Narbona 33º, co mesmo tempo ca Mark Cavendish 15º, a 6'01" de Cadel Evans
13ª 18 de xullo Narbona-Nimes 24º, co mesmo tempo ca Mark Cavendish 15º, a 6'01" de Cadel Evans
14ª 19 de xullo Nimes-Dinha 23º, co mesmo tempo ca Óscar Freire 15º, a 6'01" de Cadel Evans
15ª 20 de xullo Ambrun-Prato Nevoso retirado retirado
16ª 22 de xullo Coni-Jausièr retirado retirado
17ª 23 de xullo Ambrun-Aup d'Ueis retirado retirado
18ª 24 de xullo Lo Borg d'Oesen-Sant-Etiève retirado retirado
19ª 25 de xullo Rouana-Montluçon retirado retirado
20ª 26 de xullo Cérilly-Saint-Amand-Montrond contrarreloxo retirado retirado
21ª 27 de xullo Étampes-París Campos Elisios retirado retirado

Na tirada 11ª protagonizou unha escapada que chegou a ter máis de dous minutos de vantaxe sobre o grupo, pero que foi neutralizada lonxe aínda da chegada. Na tirada 15ª, no descenso do Agnel, esvarou e saíu da estrada, caendo por un cavorco duns 5 m de altura sobre outro treito da mesma estrada. Como consecuencia da caída rompeu a o brazo esquerdo, e tivo que rematar a tempada sen participar nin nos Xogos Olímpicos nin na Vuelta a España[6].

Palmarés[editar | editar a fonte]

De esquerda a dereita: Marcos Serrano, Ezequiel Mosquera, Gonzalo Rabuñal, Luis Oliveira, David Blanco e Óscar Pereiro.

Outros premios[editar | editar a fonte]

  • En 2004 recibiu a medalla de ouro do Concello de Mos.
  • En 2006 concedéronlle a medalla de prata da Deputación de Pontevedra.
  • En 2008 concedéronlle a medalla de ouro ao mérito deportivo de España.

Outros datos persoais[editar | editar a fonte]

Entrevista a Óscar Pereiro.

Mide 1,77 m.

Está casado e cun fillo nacido en decembro de 2005. De neno tiña por alcume Estilike (coma o xogador de fútbol alemán Uli Stielike) e Cascarilla.

Participou en 2006 nunha campaña publicitaria da Xunta de Galicia para promover o reparto de tarefas no fogar e noutra, despois de gañar o Tour, para mellorar a condución nas estradas e evitar os accidentes de tráfico.

O 17 de xuño de 2006 inaugurábase nas Pozas (Mos), o polideportivo que leva o seu nome. Ao acto asistiron o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, o director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez Olveira, e mais a alcaldesa de Mos, María Xesús Escudero.

Á súa volta a Galiza logo de participar no Tour de Francia 2006, e durante un acto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Óscar Pereiro levaba unha camisola verde coa lenda "Please refrain from throwing missiles", ou sexa: "Por favor, abstéñase de guindar mísiles". Coincidía no tempo con intensos bombardeos de Israel sobre o sur do Líbano.

En 2006, participou xunto a outros ciclistas profesionais galegos no día da bici na Coruña. Nese día amosou o seu apoio as reivindicacións dos ciclousuarios da cidade.

En 2008 asinou o manifesto pola lingua común.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Óscar Pereiro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]