David Blanco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Blanco
Informacións
Nome David
Apelido Blanco
Data de nacemento 3 de marzo de 1975
País Galicia Galicia
Equipo
Último equipo
Equipo(s) Pro
2000-2001
2002
2003
2004-06
2007-10
2010
Rota dos Movéis
ASC Vila do Conde
Porta da Ravessa
Comunitat Valenciana - Kelme
Palmeiras Tavira
Geox.
Principais vitorias

David Blanco Rodríguez, nado o 3 de marzo de 1975 na localidade suíza de Berna, é un ciclista galego.

Índice

[editar] Traxectoria

David Blanco.Ciclistas galegos.jpg

Iniciou a súa carreira como profesional en Portugal, en 2000, no Rota dos Móveis. Con este clube disputou a súa primeira Volta ao Alentejo (onde rematou undécimo), e a súa primeira Volta a Portugal, onde chegou de 14º. En 2001 repite ese posto final na rolda lusa, e en 2002, xa co ASC Vila do Conde remata de 21º. En 2003 ficha polo Porta da Ravessa, e remata quinto na Volta a Portugal e undécimo de novo na do Alentejo.

En 2004 ficha polo equipo español Kelme, onde permaneceu dous anos, e que mudou aos nomes de Comunitat Valenciana e Costa Blanca. Dese ano é a súa participación primeira na Vuelta a España, onde rematou décimo, e o seu primeiro podio, ao finalizar terceiro na Volta á Comunidade Valenciana. En 2005 quedou de quinto na volta portuguesa e duodécimo na española, e en 2006 chegou a súa primeira gran vitoria como profesional, ao conseguir a primeira posición na Volta a Portugal, onde ademais gañou a oitava tirada (Favaios-Guarda) e mais a décima e última tirada (Idanha-a-Nova - Castelo Branco, contrarreloxo).

Ao ano seguinte non renova co equipo español, e ficha de novo por un conxunto profesional portugués, o Duja Tavira. Ese ano queda quinto na rolda lusa, e na edición seguinte, en 2008, volve obter o título de vencedor final[1]. En 2009 volve ser proclamado vencedor da Volta a Portugal logo da descualificación do portugués Nuno Ribeiro por dopaxe[2]. A eliminación de Ribeiro e do español Héctor Guerra por esa razón, converteuno ademais en vencedor de dúas tiradas. En 2010 volve gañar a Volta a Portugal[3].

En setembro de 2010 asinou un contrato co equipo italiano Geox para a seguinte tempada.

[editar] Vida persoal

Actualmente reside en Santiago de Compostela.

[editar] Notas

  1. David Blanco gaña a Volta a Portugal, A Nosa Terra, 25 de agosto de 2008, consultado o 19 de setembro de 2009
  2. Tres casos de dopaxe na Volta a Portugal, Vieiros, 18 de setembro de 2009, consultado o 19 de setembro de 2009
  3. David Blanco vuelve a coronarse en Portugal, La Voz de Galicia, 15 de agosto de 2010

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas