José Ángel Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ángel Vidal
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Padrón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
1993-2004 Kelme Editar o valor em Wikidata
Participou en
Tour de Francia Editar o valor em Wikidata

José Ángel Vidal Martínez, nado en Padrón o 28 de outubro de 1969, é un exciclista galego que na actualidade traballa como técnico neste deporte.

Este ciclista actuou durante case unha década como ciclista de equipo, en tarefas de axuda aos demais compañeiros, sen conseguir nunca títulos individuais de relevancia. Con todo, e sempre vestindo a camisola verde do Kelme, participou en oito edicións distintas do Tour entre 1995 e 2002 o ano da súa retirada. Nesas edicións obtivo posicións discretas, das que a mellor foi a 50ª posición no 2000. Abandonou na edición de 1998. Tamén participou na Vuelta a España en catro ocasións e no Giro de Italia por dúas veces (1996 e 1997). O seu mellor resultado nunha soa tirada é a terceira praza conseguida na novena tirada do Tour 2000, con final de montaña en Lourdes.

Logo da súa retirada en 2002 comezou unha traxectoria como técnico, primeiro no Club Ciclista Vigués entre 2003 e 2005 e logo no Superfroiz. Dende 2007 é un dos directores técnicos do Karpin Galicia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]