Gadiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gadiforme»)
Gadiformes
Gadiformes

Bacallau (Gadus morhua)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Gadiformes
Goodrich 1909
Familias
  • Véxase o texto
Sinonimia

Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas.[4]

Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.[4]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da orde deriva do seu xénero tipo, Gadus, do latín gadus, bacallau, e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[5]

Características[editar | editar a fonte]

Teñen un corpo máis ou menos alongado, con escamas cicloides (rara vez ctenoides), e sen conduto pneumático na vexiga natatoria, órgano que algunhas especies (Melanonidae e Squalogadus) non posúen.[4]

As aletas non teñen raios espiñentos (ou polo menos, sen verdadeiras espiñas); as dorsais e anais son normalmente longas; a caudal homocerca e as pelvianas, cando existen, están inseridas por debaixo ou á altura das pectorais, rara vez por detrás. Algunhas especies posúen un maxilar protráctil.[4]

Habitan principalmente en augas frías do Atlántico norte e tamén no Mediterráneo.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Bregmacerus atlanticus.
Merlán (Merlangius merlangus).
Lirio (Micromesistius poutassou).
Badeixo (Pollachius pollachius).
Faneca (Trisopterus luscus).
Fodón (Trisopterus minutus).
Maruca (Molva molva).
Pescada (Merluccius mmerluccius).

Segundo FishBase, a orde comprende dez familias:[6]

Porén, o SIIT non considera como familias á dos Lotidae, cuxas especies encadra nas subfamilias dos Lotinae e Phycinae, da familia dos Gadidae, e á dos Phycidae, considerada como subfamilia (Phycinae) dos gádidos (Gadidae).[7]

En Galicia[editar | editar a fonte]

En augas das costas galegas está rexistrada a presenza das seguintes especies de gadiformes:[8][9][10]





Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taxonomicon
  2. 2,0 2,1 2,2 Gadoidei (Taxonomic Serial No.: 164669) no SIIT Sistema Integrado de Información Taxonómica (en inglés)
  3. 3,0 3,1 3,2 Taxonomicon syn.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946. 
  5. "Memidex". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2013. 
  6. Gadiformes en FishBase, 2010. (en inglés)
  7. Gadiformes (Taxonomic Serial No.: 164665) en SIIT, 2010. (en inglés)
  8. Solórzano et al. (1988)
  9. Rodríguez Villanueva el al. (1995)
  10. Rodríguez Solórzano et al. (1983)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • FAO, ed. (1990). Gadiform fishes of the world (order Gadiformes) : an annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO Fisheries Synopsis 10. Rome. pp. 77–81. ISBN 9251028907. OCLC 24146102. 
  • Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
  • Nelson, Joseph S. (2006). Fishes of the world (4th ed ed.). Hoboken, N.J.: John Wiley& Sons. ISBN 0471250317. OCLC 62324946. 
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel Rodríguez; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
  • Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): Pisces, en: Costello, M. J. et al. (Ed.), 2001. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.  

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]