Gadus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gadus
Gadus morhua bacallau
Gadus morhua bacallau
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Orde: Gadiformes
Familia: Gadidae
Xénero: Gadus
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase o texto

Gadus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos gadiformes, o tipo da familia dos gádidos.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero foi establecido en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Sytema Naturae.[2] edición que m,arca o inico dos nomes científicos da taxonomía moderrna.

O nome procede do latín gadus, nome dun peixe indeterminado, probabelmente un gadiforme,[3] e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.[4]

Especies[editar | editar a fonte]

O xénero Gadus comprende peixes coñecidos usualmente como bacallaus, aínda que hai algúns peixes denominados bacallaus que pertencen a outros xéneros.

Até hai moi pouco tempo recoñecíanse tres especies no xénero, pero a moderna taxonomía inclúe tamén unha cuarta, o bacallau de Alasca (Gadus (=Theragra) chalcogrammus), cando non se separa do bacallau de Noruega (Theragra finnmarchica).[5] [6] Ademais, o bacallau de Groenlandia (Gadus ogac) xa non se considera unha especie distinta, senón unha subespecie do bacallau do Pacífico (Gadus macrocephalus).[6] [7]

Bacallaus verdadeiros
Nome común Nome científico Lonxitude
máxima
Lonxitude
estándar
Peso
máximo
Idade
máxima
FAO SIIT[8] Estatus IUCN
Bacallau
ou bacallau do Atlántico
Gadus morhua
Linnaeus, 1758
200 cm 100 cm 96,0 kg 25 anos [9] [10] [11] VU IUCN 3 1.svg Vulnerábel[12]
Bacallau do Pacífico Gadus macrocephalus
Tilesius, 1810
119 cm cm 22,7 kg 18 anos [13] [14] [15] Non avaliado
Bacallau de Groenlandia Gadus ogac
Richardson, 1836
77,0 cm cm kg 12 anos [16] [17] [18] Non avaliado
Bacallau de Alasca Gadus chalcogrammus
Pallas, 1811
91,0 cm cm 3,85 kg 15 anos [19] [20] [21] Non avaliado [22]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gadus Linnaeus 1758 en SIIT. (en castelán)
  2. Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp. Ver en liña
  3. P. Romero: An etymological dictionary of taxonomy, Madrid 2002
  4. Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.
  5. Eschmeyer, W. F. (2012): chalcogrammus, Gadus Catalog of Fishes. California Academy of Sciences.
  6. 6,0 6,1 Coulson M. W.; Marshall, H. D.; Pepin, P. e Carr S. M. (2006): "Mitochondrial genomics of gadine fishes: implications for taxonomy and biogeographic origins from whole-genome data sets". Genome 49 (9): 1115–1130. PDF.
  7. Carr, S. M.; Kivlichan, D. S.; Pepin, P.; Crutcher, D. C. (1999): "Molecular systematics of gadid fishes: Implications for the biogeographic origins of Pacific species". Canadian Journal of Zoology 77: 19–26. Resume
  8. Sistema Integrado de Información Taxonómica
  9. Gadus morhua Linnaeus, 1758 en FishBase.
  10. Gadus morhua (Linnaeus, 1758) en FAO, Species Fact Sheet.
  11. ITIS
  12. INUC. Asesor: Sobel, J. (1996): Gadus morhua
  13. FishBase
  14. Gadus macrocephalus (Tilesius, 1810) FAO, Species Fact Sheet.
  15. SIIT
  16. FishBase
  17. Gadus ogac (Richardson, 1836) FAO, Species Fact Sheet. Retrieved April 2012.
  18. SIIT
  19. FishBase
  20. Theragra chalcogramma (Pallas, 1811) FAO, Species Fact Sheet. Retrieved April 2012.
  21. SIIT
  22. Gadus chalcogrammus [Catalogue of Life], Updated 15 March 2012. Retrieved 27 April 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gadus
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gadus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis,125, volume 10, pp. 77-81. Ver en PDF

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]