Trisopterus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trisopterus
Trisopterus luscus
Trisopterus luscus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Orde: Gadiformes
Familia: Gadidae
Xénero: Trisopterus
Rafinesque, 1814
Especies
  • Véxase o texto

Trisopterus é un xénero de peixes osteíctios da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.[1]

O nome do xénero deriva do grego antigo τρίς trís, tres, o elemento -o- (para facilitar a pronuncia), e πτερόν pterón, á, aludindo ás tres aletas dorsais que presentan estes peixes.[2]

Catacterísticas[editar | editar a fonte]

As especies do xénero teñen a aperencia dun bacallau en miniatura, co dorso de cor vaca marela, máis ou menos escura.

Teñen tres aletas dorsais e dúas aletas anais, e presentan unha barbela no mento.

Distribución, hábitat e alimentación[editar | editar a fonte]

As especies de Trispopterus están difundidas polo Atlántico nororiental, desde Islandia e o mar de Barents a Marrocos, e polo Mediterráneo.

Son peixes demersais que viven nas zonas infralitoral e circalitoral.

Aliméntanse de peixiños e invertebrados bentónicos.

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense as seguintes especies:[1]

Porén, algúns autores consideran, ademais, a especie

  • Trisopterus capelanus (Lacepède, 1800) = Gadus capelanus Lacepède, 1800,[3] que, para a maioría dos ictiólogos é unha subespecie de T. minutus, a Trisopterus minutus capelanus.[4]

Pesca[editar | editar a fonte]

Algunhas especies son obxecto de pesca comercial, con artes de arrastre (Trisopterus minutus, Trisopterus esmarkii), sobre todo para a fabricación de fariña de peixe, aínda que T. minutus tamén se aproveita para o consumo humano nalgúns países do sur de Europa.[5]

Pola súa parte, Trisopterus luscus é obxecto de activa pesca en Galicia nas costas e nas Rías Baixas, con tramallos,[6] á liña e, en ocasións, ao arrastre, xa que é unha especie moi abundante nas nosas augas e moi prezada gastronomicamente.[7]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Nas augas galegas, das tres especies aceptadas pola comunidade científica, están citadas dúas:[7] [8] [9]

  • Trisopterus luscus, coñecida entre nós como faneca, e
  • Trisopterus minutus, o fodón, así chamado porque vive xunto coa faneca auténtica pero, ao contrario desta, morde con máis dificultade os anzois e, se o fai, é para devorar a carnada, pero sen quedar enganchado, o que causa a desesperación dos pescadores á liña.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Trisopterus Rafinesque, 1814 en SIIT. (en castelán)
  2. Trispoterus
  3. Trisdopterus capelanus en WoRMS. (en inglés)
  4. Trispterus minutus capelanus en NCBI. (en inglés)
  5. Muus, Bent J. el al. (1998), pp. 125 e 129.
  6. "O ollomol e a faneca péscanse con tramallo", di o dicionario da RAG, que define esta arte como "Aparello de pesca formado por tres panos superpostos de forma rectangular, os exteriores de malla larga e o interior de malla estreita, que forma coma unha parede de rede no mar, na que quedan atrapados peixes diversos".Ver tramallo
  7. 7,0 7,1 Rodríguez Solórzano et al. (1983), p. 85.
  8. Solórzano et al. (1988)
  9. Rodríguez Villanueva et al. (1995)
  10. Véxase nota etimolóxica de Antón Santamarina no § 361. Gadus minutus (L.) en Ríos Panisse (1977), p. 396.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Trisopterus
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trisopterus

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis,125, volume 10, pp. 77-81. Ver en PDF
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]