HC Vítkovice Steel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Vítkovice Steel
Fundado en 1928
Sede Ostrava CoA CZ.svg Ostrava,
Flag of Moravian-Silesian Region.svg Moravia-Silesia
Eslovaquia Eslovaquia
Cancha ČEZ Arena
(10.157 espectadores)
Cores Azul e branco
           
Liga Extraliga Checa
Adestrador Peter Oremus
Sitio Web http://www.hc-vitkovice.cz/

O HC Vítkovice Steel é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ostrava, República Checa. O club foi fundado en 1928 e actualmente compite na Extraliga Checa, a máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, competición da que foi finalista en catro ocasións (1997, 2002, 2010 e 2011). Xoga os seus partidos como local no ČEZ Arena (antes chamado Palác kultury a sportu Ostrava-Vítkovice), un pavillón con capacidade para 10.157 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1928 en Vítkovice, un barrio ao sur de Ostrava, froito da fusión entre SK Moravská Ostrava, Slavia e SK Slovan. Na tempada 1936-37 converteuse nun dos fundadores da liga checoslovaca, debutando na competición fronte ao Sparta Praha. En 1943 descendeu por primeira vez á segunda categoría, retornando á elite en 1949. Tras conseguir dous segundos postos, o Vítkovice gañou o campionato nacional na tempada 1951-52.

En 1960, o equipo descendeu novamente á segunda divisións, ascendendo e descendendo de novo catro anos despois. En 1973, o club regresou á máxima categoría, e na tempada 1980-81 conseguiu o seu segundo título de campión de Checoslovaquia. Un ano despois, o equipo de Ostrava conseguiu o subcampionato da Copa de Europa por detrás do CSKA Moscova. Mais debido á marcha dos seus principais xogadores, o equipo descendeu de novo en 1985, retornando nóvamente á elite en 1988 para descender novamente despois.[1]

O 1 de xaneiro de 1993, a causa da disolución da Checoslovaquia, o equipo abandonou o campionato checoslovaco para pasar a competir na Extraliga Checa. Dende 2003 o equipo é denominado HC Vítkovice Steel.[2].

Denominacións[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, o club competiu baixo as seguintes denominacións:

  • 1928 - SSK Vítkovice (Sportovně společenský klub)
  • 1936 - ČSK Vítkovice (Český sportovní klub)
  • 1945 - SK Vítkovické železárny
  • 1948 - Sokol Vítkovické železárny
  • 1952 - Baník Vítkovice
  • 1957 - VŽKG Ostrava (Vítkovické železárny Klementa Gottwalda)
  • 1976 - TJ Vítkovice
  • 1993 - HC Vítkovice

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Grandes datas da historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz/ (en checo)
  2. Historia do club en http://www.hc-vitkovice.cz (en checo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Vítkovice Steel
WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]