PSG Zlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PSG Zlín
Melenovský.jpg
Fundado en 1929
Sede Coat of arms Zlin.png Zlín,
Flag of Zlin Region.svg Zlín
República Checa República Checa
Cancha Zimní stadion Luďka Čajky
(7.000 espectadores)
Cores Azul e amarelo
           
Liga Extraliga Checa
Campionatos 1
Adestrador República Checa Rostislav Vlach
Sitio Web http://hokej.zlin.cz/

O PSG Zlín é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zlín, República Checa. O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2003-04). Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Luďka Čajky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O PSG Zlín foi fundado en 1929 como SK Baťa Zlín en referencia ao patrocinador do equipo, Bata Shoes[1].

O 1 de xaneiro de 1993, coa disolución de Checoslovaquia, o equipo deixou o campionato checoslovaco, pasando a competir na nova división Elite. En 2004 o equipo gañou o seu primeiro título de liga dirixido por Thomas J. Bata, antigo xogador do equipo e fillo do fundador de Bata Shoes en 1894, Tomáš Baťa[2].

Denominacións[editar | editar a fonte]

Os diferentes nomes baixo os que competiu o club son os seguintes:[3]

  • 1945 - ZK Baťa Zlín
  • 1948 - Sokol Botostroj Zlín
  • 1949 - Sokol Svit Gottwaldov
  • 1958 - TJ Gottwaldov
  • 1990 - TJ Zlín, SK Zlín, AC ZPS Zlín
  • 1997 - HC ZPS - Barum Zlín
  • 1999 - HC Barum Continental
  • 2000 - HC Continental Zlín
  • 2002 - HC Hamé Zlín
  • 2007 - HC RI OKNA Zlín

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historia do club en http://hokej.zlin.cz (en checo)
  2. Tempada 2003-04 da Extraliga en http://hockey365.celeonet.fr (en francés)
  3. Presentación do equipo en http://hokej.zlin.cz/ (en checo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: PSG Zlín

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]