HC Sparta Praha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Sparta Praha
HC Sparta Praha.png
Fundado en 1903
Sede Prague CoA CZ.svg Praga,
Flag of Bohemia.svg Bohemia
República Checa República Checa
Cancha Tesla Arena
(14.144 espectadores)
Cores Azul, amarelo e vermello
                 
Liga Extraliga Checa
Campionatos 4
Adestrador República Checa Richard Žemlička
Sitio Web http://www.hcsparta.cz/

O HC Sparta Praha é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Praga (República Checa). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición que gañou en catro ocasións (2000, 2002, 2006 e 2007). Xoga os seus partidos como local no Tesla Arena de Praga, un pavillón con capacidade para 14.144 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Hockey Club Sparta Praha é un dos equipos de maior éxito e famosos na historia do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia e, posteriormente, da República Checa.

Os grándes éxitos do Sparta chegaron logo da Segunda Guerra Mundial, cando gañou dous títulos nacionais consecutivos (1952-53 e 1953-54) baixo o nome Spartak Sokolovo. O seguinte gran período de éxito éxito chegou máis recentemente, cando gañou o título nacional nas tempadas 1989-90 e 1992-93. Outro logro recente (xunto con dous terceiros postos nas tempadas 1995.96 e 1996-97) foi a participación na fase final da European Hockey League (EHL) na tempada 1996-97.

Logo duns anos discretos, o Sparte retornou aos primeiros postos da Extraliga na tempada 1999-00, cando se proclamou campión. A vitoria foi a primeira dos catro campionatos que gañaron en sete anos, incluíndo os títulos de 2002, 2006 e 2007. Ademais destes éxitos, o Sparte participou na Final a Catro da EHL nóvamente na tempada 1999-00, acadando o subcampionato logo de perder na final fronte ao Metallurg Magnitogorsk ruso, conseguindo así a mellor clasificación dun equipo checo na historia.

Actualmente o HC Sparta Praha é un dos mellores equipos da Extraliga, chegando aos playoffs case todolos anos.

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • 1948: Sokol Sparta
  • 1949: Sokol Bratrství Sparta
  • 1951: Sokol Sparta Sokolovo
  • 1953: Spartak Praha Sokolovo
  • 1965: Sparta ČKD Praha
  • 1990: HC Sparta Praha

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Sparta Praha