Ostrava
Coordenadas: 49°50′31″N 18°17′30″E / 49.84194°N 18.29167°E
| Ostrava | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Moravia-Silesia |
| Xeografía | |
| Altitude: | 208–334 msnm |
| Superficie: | 214,23 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 313.286 |
| Densidade de poboación: | |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 702 2000 |
| Alcalde: | Petr Kajnar |
| Sitio na web: | ostrava.cz |
Ostrava é unha cidade do norleste da República Checa, capital da rexión de Moravia-Silesia (Moravskoslezský kraj). En 2010 tiña 313.286 habitantes[1],uns 13.000 menos ca no 1994.
Índice |
Características [editar]
Sitúase preto da unión dos ríos Oder e Ostravice. Foi fundada a finais do século XIII polo bispo de Olomouc para defender a zona do ataque dos invasores procedentes do norte.
Está localizada na conca carbonífera de Ostrava-Karviná, e na actualidade é un importante punto do transporte de mercancías e o principal centro metalúrxico do país. Conta con establecementos adicados á transformación do ferro e o aceiro e á manufactura de aleacións de aluminio. Conta con centrais eléctricas e talleres para a reparación de locomotoras, alén de factorías de produtos químicos, medicinas, gases sintéticos, plásticos, derivados do petróleo, materiais de construción, roupa, cerámica, mobles e produtos alimenticios. É a sede da escola estatal de minas e metalurxia, fundada en 1716.
Écandidata a ser Capital Europea da Cultura no 2015.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial (en inglés).