Etnocacerismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simboloxía de devandita doutrina; a bandeira da dereita é a wiphala, e a da esquerda é a chakana utilizada por Antauro Humala no Andahuaylazo de 2005; a chakana etnocacerista ten semellanzas coa Nationalflagge do Terceiro Reich.[1]

O etnocacerismo (ou etnonacionalismo peruano) é unha ideoloxía política peruana caracterizada polo etnonacionalismo que evoca tanto o poderío e a identidade do Imperio Inca ou Tahuantinsuyo, a proxección dun neo-Tahuantinsuyo, a admiración á figura de Andrés Avelino Cáceres, a exaltación da «raza cobriza» e as civilizacións andinas, así como o nacionalismo das Forzas Armadas do Perú durante o goberno de Juan Velasco Alvarado, o antichilenismo e o irredentismo.

Ideoloxía e situación no espectro político[editar | editar a fonte]

Trazos ideolóxicos[editar | editar a fonte]

O principal piar do etnocacerismo é a reivindicación da «raza cobriza» que, de acordo cos etnocaceristas, debe volver gobernar ao Perú, algo que non sucederá desde a chegada dos españois no século XVI.

A especie humana ten catro razas, unha das cales está practicamente separada, a branca domina o mundo, a amarela ten dous poderes, a China e o Xapón, e a negra, malia non estar tan ben como as dúas anteriores, polo menos domina o seu continente. Por outra banda, a cobriza non manda en ningures. Nós pensamos facelo, parece imposible pero somos utópicos nese sentido, temos esperanza en momentos no que esta xa se perdeu, iso é o que nos diferencia.[2]

Os etnocaceristas conciben que o motor da historia está constituído polo Factor Etnocultural (FEC) e o Factor Clasista (FC), sendo predominante o primeiro, e critican aos marxistas de desatender a cuestión racial nas súas análises. Para os etnocaceristas existen catro razas, sendo a principal en «Abya Yala» (América) a «raza cobriza».[3]

O segundo piar do etnocacerismo é o nacionalismo, para o cal se evoca como símbolo ao heroe Andrés Avelino Cáceres, quen encabezou a resistencia durante a invasión chilena na guerra do Pacífico. Debido a isto, considérse a Chile como o meirande inimigo do Perú e proclámaseo irredentismo para a recuperación dos territorios perdidos na devandita guerra.[4] Ademais, o etnocacerismo proclama a construción dun novo Tahuantinsuyo.[5]

Sobre a base destes dous piares ideolóxicos, os obxectivos políticos do etnocacerismo inclúen:[6][7]

Posición espectro político[editar | editar a fonte]

Estandarte imperial do movemento etnocacerista.

Os etnocaceristas son antifascistas, anticomunistas e anticapitalistas, proclamando que «o comunismo se apropiou do concepto-termo socialismo; mais no enfoque "etnocultural"… Antauro Humala arrebata o socialismo aos socialistas».[3] Os membros etnocaceristas coidan que a súa ideoloxía está fóra do espectro político convencional (transversal), empregando o concepto de terceira posición para identificala.[8][9][10] Para os etnocaceristas, a súa ideoloxía non está «nin na dereita, esquerda, nin centro, senón abaixo».[5] Algúns medios de comunicación —e certos etnocaceristas— perciben o etnocacerismo como de esquerda ou extrema esquerda política.[11][12]

Debido a que o etnocacerismo adoita evocar símbolos andinos estilizados para semellarse á simboloxía nazi alemá, a doutrina foi descrita por varios medios como unha forma de nazismo amerindio peruano.[13][14] Especificamente, o primeiro sinal palpable e relevante dese sincretismo andino, deuno o propio Antauro no Andahuaylazo, ao empregar un emblema coa chacana e a bandeira da Alemaña nazi.[1] Ademais, o uso do concepto de «raza», o irredentismo, o antichilenismo radical e a unidade baseada no sangue e a terra (semellante ao blut und boden nazi) levou a que o etnocacerismo sexa cualificado como «unha construción nacionalsocialista orixinal e auténtica dos Andes» e, por debido a isto, un movemento de extrema dereita.[3]

O investigador Michael Iván Mendieta Pérez propón que se pode definir o etnocacerismo como "populismo radical" polas súas propostas nacionalistas e antiimperialistas que están vencelladas cos gobernos populistas dos anos setenta, en especial o de Juan Velasco Alvarado.[7]

No ano 2005, Agencia Andina deu a coñecer que en febreiro, un mes despois do marrado intento de golpe de estado en Andahuaylas, fíxose unha incursión nun local do distrito limeño de El Agustino, onde a Policía Nacional do Perú atopou vestimenta da Armada, armamento policial, bandeiras coa fouce e martelo en homenaxe a Jorge del Prado, así como escritos referentes á relixión inca e información alusiva ao nazismo.[15] En 2019, a revista oficial do etnocacerismo, Antauro, cualificou a renuncia de Evo Morales á presidencia de Bolivia como un "golpe de estado", cualificando aos líderes opositores como "fascistas" e "neocolonialistas".[16]

Historia[editar | editar a fonte]

Militante etnocacerista co estandarte imperial e a súa bandeira respectiva.

Pacificación Nacional[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Conflito armado no Perú.

O etnocacerismo foi fundado polos irmáns Antauro Humala e Ollanta Humala en 1987 como doutrina militar contrainsurxente durante a época de terrorismo no Perú. Este temperán etnocacerismo criticaba o manual de combate ME 41-7 que empregaban os xenerais das forzas armadas. O ME 41-7 aplicaba as tácticas dos aliados na segunda guerra mundial e dos Estados Unidos e Francia nas súas colonias ás provincias campesiñas onde predominaba o Partido Comunista do Perú-Sendero Luminoso. Os etnocaceristas opoñíanse a este modelo que era alleo á situación particular do Perú e colonizador cara a poboación campesiña capturada por Sendero Luminoso. Ollanta e Antauro propoñían o etnocacerismo como unha alternativa máis eficaz para que o goberno vencese a Sendero Luminoso coa axuda dos pobos indíxenas.[17]

Isaac Humala —antigo militante marxista do Partido Comunista Peruano e o Movemento de Esquerda Revolucionaria (MIR)— forma o seu Instituto de Estudos Etnoxeopolíticos (IEE) en 1989 para promover as ideas etnocaceristas. O etnocacerismo é unha forma de socialismo étnico que rexeita abertamente a democracia ao estilo neoliberal e propón un estado neo-incaico e etnocrático baseado en principios incaicos e a reivindicación da «raza cobriza» (indíxena americana).[18]

Fujimorato[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alberto Fujimori.

Durante o goberno de Alberto Fujimori, Ollanta Humala serviu como capitán en Tingo María en 1991, mentres que o seu irmán Antauro foi pasado ao retiro ao descubrirse que adoutrinaba baixo as súas ideas etnocaceristas a outros militares do exército. Ollanta ascendeu a comandante e pasou a ser primeiro xefe de unidade do Grupo de Artillaría Antiaérea N.º 501 no Forte Arica, situado no distrito de Ite, sede da Sexta División Blindada. Con dito cargo e xunto ao seu irmán Antauro protagonizaron o 29 de outubro o Levantamento de Locumba, percorrendo con algúns soldados a serra do Perú, e finalmente entregáronse ao goberno transitorio de Valentín Paniagua, quen lles concedeu o armisticio e os liberou pouco despois.

Goberno de Alejandro Toledo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alejandro Toledo.
Reservistas do etnocacerismo pedindo a liberación de Antauro en xuño de 2022 en Chimbote.

Durante o goberno de Alejandro Toledo, Ollanta volveu ao servizo activo, mentres que Antauro fundou o Movemento Etnocacerista e dedicouse a realizar actividade política en Lima. Nesta época, os etnocaceristas caracterizáronse por ser fortes opositores ao goberno de Alejandro Toledo a quen cualificaban de "chilenizador e bébedo" e ata que o seu goberno era unha continuación do de Fujimori. Finalmente, o 1 de xaneiro de 2005, Antauro ao mando de 300 reservistas etnocaceristas protagonizaron o chamado Andahuaylazo, tomaron a comisaría de Andahuaylaz e mantivéronse rebeldes pedindo a renuncia de Toledo durante 4 días. O 3 de xaneiro Antauro foi capturado e o 4 todos os sublevados rendéronse.

Dende 2005[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Frente Patriótico.

No presente, o Movemento Etnocacerista Peruano é liderado por Antauro Humala. A maioría dos seus integrantes son reservistas do exército do Perú e veteranos do conflito de Paquisha e da guerra de Cenepa contra Ecuador e da loita contra Sendero Luminoso e o Movemento Revolucionario Túpac Amaru.

Pola súa parte, Ollanta separouse dos principios etnocaceristas e fundou o seu propio partido chamado Partido Nacionalista Peruano, co cal foi presidente do Perú.[19]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La toma de Andahuaylas". lineadetiempo.iep.org.pe. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  2. Amaro, Jaisia (8 de abril de 2011urlarquivo =https://web.archive.org/web/20110408152354/http://www.peru.com/noticias/idocs/2005/1/8/detalledocumento_183637.asp). "El patriarca de los Humala". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2011. Consultado o 15 de abril de 2011. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Editorial, Comité (2022-03-06). "11.7 - Etnocacerismo: nacionalsocialismo a través de los Andes". La Razón Comunista (en castelán). Consultado o 2022-08-20. 
  4. Araya, José Ignacio (2022-08-23). "La ideología antichilena de Antauro Humala: el etnocacerista que quedó libre en Perú". La Tercera. Consultado o 2022-09-12. 
  5. 5,0 5,1 Armesilla. "El etnocacerismo: Un nacionalsocialismo para el “Tercer Mundo”". Santiago Armesilla. Consultado o 2022-09-12. 
  6. LR, Redacción (2022-08-23). "¿Qué es el movimiento etnocacerista que fundó Antauro Humala?". larepublica.pe (en castelán). Consultado o 2022-08-26. 
  7. 7,0 7,1 Mendieta Pérez, Michael Iván (18 de xullo de 2013). "Camisas verdes en el Perú : el proyecto de Estado del etnocacerismo, modernidad y nacionalismo". Pontificia Universidad Católica del Perú (PUCP). 
  8. "Doctrina filosófica etnonacionalista". Partido Etnocacerista Revolucionario Unido. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2018. 
  9. "¿Qué es el etnocacerismo?". Partido Etnocacerista Revolucionario Unido. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 19 de abril de 2018. 
  10. "El etnonacionalismo está destinado a ser poder". Partido Etnocacerista Revolucionario Unido. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 19 de abril de 2018. 
  11. "El ultraderechista López Aliaga pierde fuelle en las elecciones peruanas". SWI swissinfo.ch (en castelán). Consultado o 2022-08-20. 
  12. "¿Qué es el movimiento etnocacerista?". ArchivoRevista Ideele (en castelán). Consultado o 2022-08-20. 
  13. "Isaac Humala insiste con su racismo y homofobia". Diario Correo. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2018. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  14. Dávila, Raul Eduardo. "El Etnocacerismo o Nazismo Peruano". Noticias.com. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2011. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  15. "Encuentran banderines con hoz y martillo y publicaciones sobre nazismo en local etnocacerista". Agencia Andina. 15 de febreiro de 2005. Consultado o 26 de agosto de 2022. 
  16. "Resistencia en Bolivia". Antauro: prensa etnocacerista regional de Lima: 5, 15. decembro de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2021. 
  17. Humala, Ollanta (2009). "Del Manual de Combate ME 41-7 al etnocacerismo como doctrina contrainsurgente". En 978-1-921438-43-1. De Locumba A Candidato A La Presidencia en Perú. Ocean Sur. p. 36-49. ISBN 978-1-921438-43-1. 
  18. Serrano Torres, Jorge. "Los hermanos Humala y el «etnocacerismo» en el Perú". Red Voltaire. Consultado o 18 de abril de 2018. 
  19. "La invención del etnocacerismo: populismo radical en el Perú" (PDF). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]