Alejandro Toledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Toledo
Alejandro Toledo (8682).jpg
Alejandro Celestino Toledo Manrique
Presidente de Perú
Período: 28 de xullo de 2001 - 28 de xullo de 2006
Antecesor: Valentín Paniagua
Sucesor: Alan García
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 28 de marzo de 1946
Lugar: Cabana, Ancash, Perú
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Peru Posible
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Eliane Karp
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: economista
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Alejandro Celestino Toledo Manrique (nado o 28 de marzo de 1946). Presidente de Perú entre o 28 de xullo de 2001 e 28 de xullo de 2006. Foi o primeiro presidente elixido despois da crise que resultou na renuncia de Alberto Fujimori.

Biografía[editar | editar a fonte]

Toledo é un de 16 irmáns de unha familia de indíxenas labregos da rexión de Cabana, Departamento de Ancash. Creceu en Chimbote, cidade do litoral norte do Perú. Conseguiu unha bolsa de estudos da Universidade de San Francisco, nos Estados Unidos, onde estudou economía. Posteriormente tornouse mestre pola Universidade de Stanford. Despois de traballar no exterior, tornouse profesor da Universidade do Pacífico, no Perú.

Antes de elixirse presidente, Toledo traballou en diversas organizacións, incluíndo as Nacións Unidas, o Banco Mundial, o Banco Interamericano de Desenvolvemento, a OIT, e a Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico - OCDE. Tamén foi profesor visitante na Universidade de Waseda, en Tokio, Xapón.

Entre os diversos traballos de Toledo, hai moitos sobre reformas estruturais e desenvolvemento económico. Sen embargo, o seu último libro, Las Cartas sobre la Mesa, describe a súa traxectoria política ata o xurdimento da coalición política Perú Posible que o elixiu presidente.

Entrada na política[editar | editar a fonte]

Toledo ingresou na política como candidato independente, na elección de 1995, na cal Alberto Fujimori foi reelixido pola última vez. Ele fundou o partido Perú Posible en 1999 e declarou a súa intención de disputar a elección de 2000. A pesar dunha controversia constitucional, Fujimori anunciou pola terceira vez a súa candidatura.

A pesar de ser un político de pequena expresión no inicio, logo Toledo tornouse líder da oposición a Fujimori, e tivo apoio de outros candidatos a presidente. A pesar deste apoio, Fujimori derrotouno, baixo alegacións de fraude electoral. Toledo recusouse a participar dunha segunda volta contra Fujimori, e pediu, sen éxito, a anulación das eleccións.

A 28 de xullo de 2000 Fujimori asumiu o seu terceiro mandato. Entre tanto, os protestos da oposición gradualmente creceron e, durante visita a Brunei o novembro de 2000 para participar de un congreso da APEC, grande parte do Congreso Peruano negou continuar o apoio a Fujimori. Este dirixiuse ao Xapón de onde enviou a súa renuncia por fax e solicitou a cidadanía xaponesa.

Coa caída de Fujimori, asumiu interinamente Valentín Paniagua Corazao, presidente do Congreso peruano. Este organizou eleccións en 29 de maio de 2001, vencidas por Alejandro Toledo que disputou contra Alan García.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Presidentes de Perú

Segue a:
Valentín Paniagua Corazao
Alejandro Toledo
Precede a:
Alan García Pérez
Perú Posible


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alejandro Toledo