Envexa
A envexa é un sentimento de tristeza e odio, que experimenta o ser humano, ao considerar que outro posúe un ben do que el carece.[1]
Índice |
Punto de vista socioevolutivo[editar]
Unha das teorías que axudan a explicar a envexa e os seus efectos no comportamento humano é a teoría socioevolutiva. Baseándose na teoría da evolución por selección natural de Darwin (1859), a teoría socioevolutiva di que os seres humanos actúan buscando a súa supervivencia individual e tamén a reprodución dos seus xenes. Deste modo, esta teoría proporciona un marco para entender a conduta e as experiencias sociais, como o sentimento e expresión da envexa, arraigado nos impulsos biolóxicos para a supervivencia e a procreación.[2] As investigacións actuais demostraron que a envexa en realidade cambia as funcións cognitivas; estimulando a perseveranza mental e a memoria.[3]
Comparación cos celos[editar]
- Artigo principal: Celos.
A envexa e os celos utilízanse indistintamente no léxico coloquial, pero en realidade, estas palabras expresan dúas emocións diferentes.[4] Os celos son resultado do medo de perder a alguén ou algo co que se está emparellado, ou que se posúe, mentres que a envexa é o resentimento causado porque unha persoa ten algo que outra non posúe, e esta última desexa.[5]
Na Filosofía[editar]
Segundo Aristóteles[editar]
Aristóteles definía, no seu libro Retórica, a envexa (φθόνος phthonos) como "a dor causada pola fortuna dos demais."[6][7]
Segundo Spinoza[editar]
O filósofo holandés Baruch de Spinoza definía, no seu libro A Ética, a envexa como "o odio, en canto afecta ao home de tal modo que se entristece coa felicidade doutro e desfruta coa súa desgraza." Contrapona á misericordia. Tamén considera que os homes son proclives, por natureza, ao odio e á envexa e isto é agravado pola educación.[8]
Segundo Kant[editar]
O filósofo prusiano Immanuel Kant definiu no seu libro A metafísica dos costumes a envexa como "o rexeitamento a ver o noso propio benestar eclipsado polo doutro, porque o baremo que utilizamos para medir o noso propio benestar, non é o valor real deste, senón a súa comparación co dos demais"
Narcisismo[editar]
Os individuos narcistas teñen normalmente envexa, ou creen que outras persoas teñen envexa deles.[9]
Un narcisista pode obter unha sensación de superioridade fronte as outra persoa mediante o menosprezo das habilidades desa persoa.[10]
Notas[editar]
- ↑ Russ, Jacqueline (1999). Léxico de Filosofía. Los conceptos y los filósofos en sus citas. Akal. p. 122. ISBN 978-84-460-1189-7.
- ↑ Yoshimura, C.G (2010). "The experience and communication of envy among siblings, siblings-in-law, and spouses". Journal of Social and Personal Relationships. http://ehis.ebscohost.com.ezproxy.lib.ou.edu/ehost/detail?sid=876f3f3d-bc01-4f81-b58c-1a9c4db40db0%40sessionmgr4&vid=6&hid=20.
- ↑ Fields, R (2011). "Eat Your Guts Out: Why Envy Hurts and Why It's Good for Your Brain". http://www.psychologytoday.com/blog/the-new-brain/201109/eat-your-guts-out-why-envy-hurts-and-why-its-good-your-brain.
- ↑ Parrott, W. G., & Smith, R. H. (1993). Distinguishing the experiences of envy and jealousy.Journal of Personality and Social Psychology, 64, 906-920.
- ↑ Neu, J., 1980, "Jealous Thoughts," in Rorty (ed.) Explaining Emotions, Berkeley: U.C. Press.
- ↑ Pedrick, Victoria; Oberhelman, Steven M. (2006). The Soul of Tragedy: Essays on Athenian Drama. Chicago, IL: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-65306-8.p.22
- ↑ 2.7.1108b1-10
- ↑ de Spinoza, Baruch (2007). Ética demostrada según el orden geométrico. Tecnos. pp. 225, 233, 236, 254 e 267. ISBN 978-84-309-4542-9.
- ↑ Narcissistic personality disorder - Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders Fourth edition Text Revision (DSM-IV-TR) American Psychiatric Association (2000)
- ↑ Hotchkiss, Sandy & Masterson, James F. Why Is It Always About You? : The Seven Deadly Sins of Narcissism (2003)
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- A envexa na Enciclopedia Stanford (en inglés)
- A envexa no dicionario de dicionarios do ILG (en galego)