Angustia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A angustia é un estado emocional caracterizado por se presentar como unha reacción perante un perigo descoñecido ou impresión.

Características[editar | editar a fonte]

Adoita estar acompañado por intenso malestar psicolóxico que pode ser denominado ansiedade e por pequenas alteracións no propio organismo, tales como elevación do ritmo cardíaco, tremores, suores, sensación de opresión no peito ou de falla de aire (de feito, "angustia" entra no mesmo campo semántico que "angostameento").

Pensamento freudiano[editar | editar a fonte]

Coloquialmente, a angustia é equivalente á ansiedade extrema ou medo. Non obstante, abrangue máis variábeis e é cuestión de estudo da psicanálise, unha rama da psicoloxía. Como todos os conceptos freudianos, o de Angustia foi construído por Sigmund Freud con vagar, articulándose asemade cos demais que integraban a teoría psicoanalítica en pleno desenvolvemento, e medrando á luz dos novas descubertas que o psicólogo vienés realizaba na súa práctica clínica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]