Elvis Costello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Elvis Costello
Elvis Costello 15 June 2005.jpg
Elvis Costello nunha actuación en Sesto Fiorentino, Italia, en xuño de 2005.
Nome completo Declan Patrick MacManus
Alias Elvis Costello
Naceu 25 de agosto de 1954 (60 anos)
Orixe Londres, Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Ocupación (s) músico, compositor, produtor
Xénero pub rock, post-punk, new wave, punk rock
Instrumento(s) voz, guitarra
Relacionado con The Attractions, The Imposters, Diana Krall, Burt Bacharach, Brodsky Quartet, Nick Lowe, Madness, The Strokes, The Specials, Squeeze, Paul McCartney, The Roots
Tempo en activo 1970 - presente
Na rede
http://www.elviscostello.com/

Declan Patrick MacManus, nado en Londres o 25 de agosto de 1954, coñecido como Elvis Costello, é un músico, cantante e compositor británico. Iniciouse na escena pub rock londinense a principios dos anos 70 desde onde viu chegar como observador privilexiado o New Wave e o punk rock, movementos cos que se asociou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1975, McManus levaba unha aparente vida convencional, casado e con fillo, e empregándose en diferentes traballos administrativos. No entanto, compuña e movía as súas maquetas ata que a independente Stiff Records o contratou. Jack Riviera, director do selo, propúxolle unha identificación artística máis suxestiva, combinando o nome de Elvis Presley e o seu segundo apelido materno: Elvis Costello xa era unha realidade.

O disruptivo 1977 marca a carreira de Costello: á súa fichaxe por Stiff a inicios de ano, séguelle a edición do seu primeiro single "Less than zero" en abril, e de "Alison" en marzo, debutando en longa duración no verán con My aim is true, cun significativo éxito de críticas e un moderado éxito comercial (posto 14 no Reino Unido, entrando no Top40 en Estados Unidos). A portada cun Costello con Fender Jazzmaster en ristre, enormes lentes de pasta, pernas en cuña embutidas en pantalón pítillo, ecos estéticos ao punk e a Buddy Holly e pose desafiante era unha declaración de intencións. A banda que acompañou a gravación foron os americanos Clover, conxunto que naquela época practicaba o country/root e que co tempo converteríase en Huey Lewis and The News. Ese mesmo verán, Costello recrutou ao que sería a súa banda estable, The Attractions, formada por Steve Neve ao piano, Bruce Thomas ao baixo e Pete Thomas á batería. No outono participaría na Stiff Live Package, con outros grupos do selo como Ian Dury, Wreckless Eric e Nick Lowe. A final de ano Jack Riviera deixa Stiff para fundar Radar Records onde levaría a Lowe e Costello, publicando o seu último single "Watching the detectives" (gravado co baixista e batería de Graham Parker and The Rumours) a final de ano.

Nos dous anos seguintes publicou co novo selo e a nova banda This Year's Model', outra colección de singles como na época do seu debut, cun estilo igual de urxente e intenso pero máis cru e directo, seica froito da escena punk vixente e desligado do pub-rock sesenteiro e músicos de country-rock cos que gravou My aim is true e Armed Forces. Con este último álbum pretendería e alcanzaría un recoñecemento comercial máis amplo (o álbum e primeiro single "Oliver's Army" lograría o número dous das listas británicas, mentres que o álbum entraría no Top10 Estados Unidos, non así ningún dos seus singles). Armed Forces é un disco máis complexo e variado musicalmente, tanto en tempos, estilos e orquestación, igual de irónico e quizais máis traballado en canto a letras, e deixa entrever o que será a carreira posterior do Costello maduro das seguintes décadas.


Costello pecha os setenta como produtor, deixando ou seu sinal no disco debut e homónimo de The Specials. Son coñecidas as súas incursións no mundo dá música clásica como é o caso dás súas obras "The Juliette Letters" e "Il Sogno". Elvis Costello casou con Diana Krall en decembro de 2003 e tiveron dous fillos xemelgos o 6 de decembro de 2006 en Nova York, Dexter Henry Lorcan e Frank Harlan James.

En 2008 Costello presentou un programa de televisión chamado Elvis Costello With... (Elvis Costello con...) co producido por CTV (Canadá), Channel 4 (Inglaterra) e Sundance Channel (Estados Unidos). O programa desenvolvía entrevistas en profundidade a membros destacados do negocio musical. O seu primeiro invitado foi Elton John. O espazo televisivo tiña fins benéficos, para recadar diñeiro na loita contra a sida en África.

Discografía[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Oscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2003 Oscar a mellor canción Cold Mountain Candidato