Egeria densa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Egeria densa (sin. Anacharis densa (Planch.) Vict., Elodea densa (Planch.) Casp.) é unha especie no xénero Egeria nativa de áreas tépedas de Suramérica no sueste do Brasil, Arxentina, Uruguai.[1] En Galicia está catalogada como especie invasora.[2]

Detalle da flor.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta acuática, medra en augas de até 4 m de profundidade, con talos condutores de 2 m ou máis de lonxitude, producindo raíces a intervalos ao longo deles. Follas en grupos de catro a oito, de 1–4 cm de longo e 2–5 mm de ancho, cun chisco agudo. É dioica: plantas con flores masculinas e plantas con flores femininas; as flores de 12–20 mm diámetro, con tres pétalos anchos, brancos, e redondeados, de 8–10 mm de longo en plantas macho, e de 6–7 mm de longo en plantas femininas.[3][4][5][6]

Cultivo e usos[editar | editar a fonte]

Egeria densa é unha popular planta de acuario, pero trátase actualmente de non vendela nalgunhas áreas polo seu potencial invasor. As plantas en cultivo son todas dun clon macho, reproducíndose vexetativamente.[5][4]

Crece ben en acuarios fríos, e é apropiada para principiantes. Propágase moi ben por cortes.

De acordo a reportes (cf. enlace Tropica) secreta sustancias antibióticas que poden axudar a previr a expansión de algas verde azuladas. Prospera mellor en sitios de moito nutriente e alta luz.

Especie invasora[editar | editar a fonte]

Egeria densa escapou do cultivo e está naturalizada sendo unha planta invasora en moitas rexións tépedas a subtropicais do mundo, incluíndo Europa, sur de África, Asia, Australia, Nova Zelandia e Norteamérica.[1] En Estados Unidos aparece de Nova York ao sur de Florida e o oeste de California e de Oregón.[4] No delta do río Sacramento, California, foi introducida nos anos 1960 e moi pronto produciu un severo e adverso impacto nos ecosistemas locais. A especie xa infesta 2.400 ha, ou sexa o 12% da área total do delta. Tamén é sumamente problemática en varios outros Estados. Tamén se atopa no Canadá. Forma compactas matas que obstrúen o libre tránsito de botes, de entrada a acuedutos, trampas de sedimentos, matando a vexetación nativa, e impedindo a migración de peixes anádromos.[7][8]

Especie invasora en España[editar | editar a fonte]

Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, estando prohibida en España a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.[9]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Egeria densa en Valdivia.

Egeria densa foi descrita por Jules Emile Planchon e publicada en Annales des Sciences Naturelles; Botanique, sér. 3 11: 80. 1849.[10]

Etimoloxía

Egeria: nome xenérico nomeado por Egeria, na mitoloxía romana, unha das Camenas, ninfa do séquito de Venus, que habitaba na fonte ou manancial de Porta Capena en Roma; era protectora das noivas como futuras nais así como tamén dos partos. Casou con Numa Pompilio, «o piadoso», segundo rei de Roma e ensinoulle asuntos relacionados con ser un rei xusto e sabio, inspirándolle a lexislación relixiosa, ensinándolle pregarias e conxuros eficaces.[11]

densa: epíteto latíno que significa "densa"[12]

Sinonimia
  • Elodea densa (Planch.) Casp., Monatsber. Königl. Preuss. Akad. Wiss. Berlín 1857: 49 (1857).
  • Anacharis densa (Planch.) Vict., Contr. Lab. Bot. Univ. Montréal 18: 41 (1931).
  • Philotria densa (Planch.) Small, Man. S.E. Fl.: 28 (1933).
  • Potamogeton densus Schwein. ex L.C.Beck, Bot. North. Middle States: 268 (1833), nom. inval.
  • Elodea canadensis var. gigantea L.H.Bailey, Stand. Cycl. Hort. 2: 111 (1914).[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Germplasm Resources Information Network: Egeria densa
  2. Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
  3. Flora of NW Europe: [Ligazón morta]
  4. 4,0 4,1 4,2 Flora North America: Egeria densa
  5. 5,0 5,1 Jepson Flora: Egeria densa
  6. Washington Department of Ecology: Egeria densa
  7. Foschi, P. G., Fields, G., & Liu, H. (undated). Detecting a Spectrally Variable Subject in Color Infrared Imagery Using Data-Mining and Knowledge-Engine Methods. PRRS04-018. Dispoñible online (pdf file)
  8. California Department of Boating and Waterways: Control de Pestes Acuáticas
  9. "Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.". Boletín Oficial del Estado. 
  10. "Egeria densa". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 5 de febreiro de 2013. 
  11. "En Nombres Botánicos". Arquivado dende o orixinal o 15 de mayo de 2010. Consultado o 28 de setembro de 2014. 
  12. En Epítetos Botánicos
  13. "Egeria densa". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 22 de marzo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, México City.
  • Cook, C. D. K. & K. Urmi-König. 1984. A revision of the genus Egeria (Hydrocharitaceae). Aquatic Bot. 19(1–2): 73–96.
  • Correll, D. S. & M. C. Johnston. 1970. Man. Vasc. Pl. Texas i–xv, 1–1881. The University of Texas at Dallas, Richardson.
  • Crow, G. E. 2003. Hydrocharitaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 593–599.
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez & A. O. Chater. (eds.) 1994. Alismataceae a Cyperaceae. Fl. Mesoamer. 6: i–xvi, 1–543.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2000. Magnoliophyta: Alismatidae, Arecidae, Commelinidae (in part), and Zingiberidae. 22: i–xxiii, 1–352. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, New York.
  • Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de especies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20150906080403/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  • Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  • Godfrey, R. K. & J. W. Wooten. 1979. Aquatic Wetland Pl. S.E. U.S. Monocot. 1–712. The University of Georgia Press, Athens.
  • Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
  • Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. 1–860. In O. Hokche, P. E. Berry & O. Huber Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  • Idárraga-Piedrahíta, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. (eds.) 2011. Fl. Antioquia: Cat. 2: 9–939. Universidad de Antioquia, Medellín.
  • Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  • McVaugh, R. 1993. Hydrocharitaceae. 13: 21–24. In R. McVaugh Fl. Novo-Galiciana. The University of Michigan, Ann Arbor.
  • Novelo R., A. & A. L. H. 1994. 236. Hydrocharitaceae. Fl. Mesoamer. 6: 10–12.
  • Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  • St. John, H. 1940. Elodeaceae, In Moldenke. Lilloa 5(2): 354.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]