Greenwich
Coordenadas: 51°28′45″N 0°00′00″W / 51.4791°N 0.0000°W
|
||
|
|
||
Greenwich marítimo |
||
| Inscrición: | 1997 | |
| País: | Reino Unido | |
| Localización: | ||
| Rexión: | Non dispoñible | |
| Tipo: | Non dispoñible | |
| Criterios: | i,ii,iv y vi | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támesis no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).
A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e os seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Información local e foro de discusión de Greenwich (en inglés)
- Your Online Guide to Greenwich (en inglés)
- Greenwich World Heritage Site, sitio web oficial (en inglés)
- Greenwich Tourist Information Centre (en inglés)