Dinastía XVIII de Exipto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dinastía XVIII intégrana a familia de faraóns que gobernou Exipto entre os anos 1550 e 1292 a.C, aproximadamente. A esta longa época corresponde o punto de máximo esplendor da civilización faraónica, así como o momento de maior expansión territorial.

Historia[editar | editar a fonte]

A próspera dinastía XVIII componse de catorce, ou quince reis, case todos bastante ben documentados.

Os nomes que figuran a continuación son os helenizados, os máis comúns, seguidos das transcricións en castelán dos seus títulos: o Nome de Trono ou de Nesut-Bity, e o Nome de nacemento ou de Sa-Ra, os máis utilizados por estes faraóns en inscricións e monumentos.

Amosis I, Nebpehtyra Ahmose

Fillo do rei Seqenenra da Dinastía XVII, foi o libertador de Exipto, que levaba uns cen anos parcialmente dominado polo pobo asiático dos hicsos. Gobernou 25 anos, durante os cales puido restaurar o sistema político anterior á conquista hicsa, así como protexeu as fronteiras con numerosas fortalezas.

Amenofis I, Dyeserkara Amenhotep

Fillo do anterior. Os seus 21 anos de reinado foron de continuidade respecto dos do seu pai. Emprendeu algunhas campañas en Nubia e desenvolveu unha importante actividade arquitectónica, que lle valeu ser considerado o fundador do poboado de construtores de tumbas de Deir el-Medina.

Thutmose I, Aajeperkara Thutmose

Descoñécense os lazos que lle unían ao seu antecesor (fillo natural, xenro, cuñado...) Tívose que casar cunha princesa real para poder lexitimar o seu ascenso ao trono. Gobernou durante uns 13-15 anos, nos que converteu ao país nunha superpotencia mundial, conquistando toda a Siria-Palestina e chegando á cuarta catarata en Nubia. Fundou o Val dos Reis e, foi en definitiva, un dos máis grandes faraóns da historia.

Thutmose II, Aajeperenra Thutmose

Fillo do anterior cunha esposa secundaria. Descoñécese o tempo exacto do seu reinado, que oscila entre 3 e 13 anos. Deixou abandonado o goberno de país a favor da súa gran esposa real e dos seus ministros, e parece ser que foi un rei moi inactivo, que pasou sen pena nin gloria.

Hatshepsut, Maatkara Hatshepsut

Hatshepsut

Esposa do anterior e quinta gobernante da dinastía XVIII reinou de c. 1479 a. C. a 1457 a. C.[1]. Era a filla nacida de Thutmose I coa súa gran esposa real, e xa que logo, a única portadora da lexitimidade. É un dos personaxes máis atractivos de Exipto polo feito de coroarse reina-faraón á morte do seu marido, e establecer unha correxencia co lexítimo rei durante 20 anos. Foi unha grandísima construtora, que se soubo rodear de homes eficaces, pero deu excesivos poderes ao clero de Amón.
Thutmose III, Menjeperra Thutmose

Fillo de Thutmose II e dunha concubina real. Tivo que compartir o trono coa súa tía-madrasta durante 20 dos 54 anos do seu reinado. Á morte de Hatshepsut, borrou todo rastro da súa memoria e usurpou os seus monumentos. pasou á historia como o "Napoleón exipcio", polas súas vitoriosas campañas asiáticas e africanas, que o converteron no faraón máis importante xamais nado e no terror dos demais pobos.

Amenofis II, Aajeperura Amenhotep

Fillo do anterior. Proseguiu o ronsel de gloria do seu pai con excelentes resultados, pero se negou a seguir avanzando nas conquistas, conformándose co poder de Nubia e de toda Siria. Reinou preto de 26 anos, nos que logrou manter o país na cima e no centro de todo o mundo coñecido.

Thutmose IV, Menjeperura Thutmose

Fillo do anterior. Os seus 10 anos de reinado consagrounos a manter as cousas como estaban, e asinando beneficiosos tratados de paz con Mitanni e Babilonia. Non habería máis conquistas exipcias, era o tempo de recoller o sementado. Thutmose IV foi o primeiro dos reis que comezou a afastarse perceptiblemente dos todopoderosos sacerdotes de Amón, establecendo como alternativa o culto solar.

Amenofis III, Nebmaatra Amenhotep

Fillo do anterior. É, por excelencia, o rei máis poderoso do mundo e de toda a dinastía, e sen dúbida o monarca máis rico da época. Encargouse de enriquecer como nunca o estado grazas ás conquistas dos seus antecesores. O seu longo reinado de 38 anos consagrouno a unha intensa actividade construtora, só superada por Ramsés II. Ao final do seu reinado implantar o culto a Atón, o disco solar, como claro opoñente a Amón, comezando as tensións internas.

Akhenatón, Neferjeperura Amenhotep, ou Neferjeperura Akhenaton

Fillo do anterior, coroouse como Amenhotep IV pero cambiou o seu nome durante o cuarto ano de reinado. O seu reinado é único na historia, por implantar por primeira vez un culto monoteísta ao redor de Atón e suprimir en maior ou menor grao o resto de credos, en especial o do deus Amón. Cambiou a capital de Tebas a Ajetatón, fundada por el mesmo, e ignorou as ameizas exteriores. Nos seus 17 anos de reinado perdeuse o imperio exterior exipcio e todas as posesións sirias debido ás conquistas hititas.

Neferneferuatón, Anjetjeperura Neferneferuatón

Nome que tomou a gran esposa real de Akhenaton, a bela Nefertiti, e tamén nome co que se designou ao primeiro correxente de Akhenaton. Como ás veces aparece co nome dunha muller, pensouse que Nefertiti foi ascendida ao rango de correxente, igual que Hatshepsut, conservando o seu título de Neferneferuatón.

Semenkhkare, Anjjeperura Semenkhkare

Foi o último correxente de Akhenaton, durante o espazo dos seus últimos anos de reinado. Descoñécese todo acerca deste rei pantasma, e chegouse a pensar que non é máis que a raíña Nefertiti con outro nome. Fóra home ou muller, o certo é que tras a morte de Akhenaton parece que gobernou en solitario uns meses máis, nos que ao parecer xa comezaron os contactos cos sacerdotes de Amón. O soño de Akhenaton finalizara.

Tutankhamón, NebjeperuraTutankhamon

Posiblemente fose fillo de Akhenaton (Akenatón) e dunha esposa secundaria de nome Kiya. Foi un rei-neno manexado polos grandes personaxes da corte. Os seus 10 anos de reinado foron moi intensos no sentido de que se tratou de recuperar todo o perdido durante a época herética de Akhenaton: Tebas recuperou a capitalidade, Amón volveu ser a cabeza do panteón, restauráronse todos os monumentos... Tras a súa prematura morte, extinguiuse definitivamente a liñaxe real descendente de Ahmose.

Ai, Jeperjeperura Ai

O visir de Tutankhamon (Tutankamón), un dos personaxes máis importantes da corte. Era o irmán da raíña Tiy, a esposa principal de Amenhotep III, e quizais fose o pai de Nefertiti. Xa era de moi avanzada idade cando logrou o ansiado trono, e só gobernou 4 anos, que ao parecer foron de continuidade cos do seu mozo antecesor.

Horemheb, Dyeserjeperura Horemheb

Considerado por algúns o fundador da dinastía seguinte, este xeneral casou coa filla de Ai e medio-irmá de Nefertiti para lexitimar o seu ascenso ao trono. O seu reinado foi duns 27 anos, nos que se encargou de suprimir os nomes de Akhenatón, Smenkara, Tutankhamón e Ai, mostrándose como o sucesor de Amenhotep III. Tivo numerosas actividades bélicas, e recuperou parte do sur de Palestina, pero xamais se volvería a alcanzar a expansión lograda por Thutmose I e III.

O sucesor de Horemheb foi o seu visir, o ancián Paramesu, quen tomou o nome de Ramsés I e foi fundador da Dinastía XIX.

Faraóns da dinastía XVIII[editar | editar a fonte]

Nomes transcritos dos epígonos de Manetón e xeroglíficos coetáneos.

Nombre común Nome de Nesut-Bity
(L R de Abidos)
Nome de Sa-Ra
.
Flavio Xosefo
(Contra Apión)
(de Teófilo)
Xulio Africano
(Versión de Sincelo)
.
Eusebio de Cesarea
(Versión de Sincelo)
(Versión armenia)
Período do reinado
(± 50 años)
Amosis I
Ahmose
Nebpehtyra (66) Ahmose Tetmosis (1) 25
Tetmosis (1) 25
Amos (1) ? Amosis (1) 25
Amoses (1) 25
c. -1534 -
-1508
Amenofis I
Amenhotep I
Dyeserkara (67) Amenhotep Amenofis (3) 21
Amenofis (3) 21
Amenoftis (3) 24 Ammenofis (3) 21
Amofis (3) 21
c. -1508 -
-1484
Tutmosis I
Thutmose I
Aajeperkara (68) Thutmose Kebron (2) 13
Jebron (2) 13
Jebros (2) 13 Jebron (2) 13
Kebron (2) 13
c. -1484 -
-1472
Tutmosis II
Thutmose II
Aajeperenra (69) Thutmose (omitido) (omitido) (omitido) c. -1472 -
-1466
Hatshepsut Maatkara
(omitido)
Hatshepsut Amesis (4) 22
Amesse (4) 21
Amensis (4) 22 (omitido)
(omitido)
c. -1466 -
-1444
Tutmosis III
Thutmose III
Menjeperra (70) Thutmose Mefres (5) 13
Mefres (5) 13
Misafris (5) 13 Mifres (4) 12
Memfres (4) 12
c. -1466 -
-1412
Amenofis II
Amenhotep II
Aajeperra (71) Amenhotep Meframutosis (6) 26
Meframmutosis (6) 21
Misfragmutosis (6) 26
(chamado Amosis)
Misfragmutosis (5) 26
Misfarmutosis (5) 26
c. -1414 -
-1388
Tutmosis IV
Thutmose IV
Menjeperura (72) Thutmose Tutmosis (7) 10
Tutmoses (7) 10
Tutmosis (7) 9 Tutmosis(6) 9
Tutmosis (6) 9
c. -1388 -
-1378
Amenofis III
Amenhotep III
Nebmaatra (73) Amenhotep Amenofis (8) 31
Amenofis (8) 31
Amenofis (8) 31
(chamado Memnón)
Amenofis (7) 31
Amenofis (7) 31
c. -1378 -
-1339
Amenhotep IV
Akhenatón
Neferjeperura
(omitido)
Amenohotep Horus (9) 36
Horus (9) 36
Horus (9) 37 Horus (8) 36
Horus (8) 28
c. -1339 -
-1322
Neferneferuatón Anjetjeperura
(omitido)
Neferneferuatón Acenkeres (10) 12
(irmá) (10) 12
(fillade Horus)
Kebres (12) 12 Akenkerses (9) 12
Akenkerres (9) 16
(Éxodo)
c. -1322 -
-1321
Semenejkara Anjjeperura
(omitido)
Semenejkara Acenkeres (12) 12
Akrenjeres (12) 12
Akerres (10) 32 Akerres (10) 8
Akerres (10) 8
c. -1324 -
-1321
Tutankamon Nebjeperura
(omitido)
Tutanjamon Ratotis (11) 9
Ratotis (11) 9
Ratos (11) 6 Atoris (9b) 39
c. -1321 -
-1311
Ay Jeperjeperura
(omitido)
Ay Acenkeres II (13) 12
Akrenjeres II (13) 12
Akerres (13) 12 Kerres (11) 15
Kerres (11) 15
a. -1311 -
-1307
Horemheb Dyeserjeperura Setepenra (74) Horemheb Harmais (14) 4
Harmais (14) 4
(chamado Danaos)
Armesis (14) 5 Armais (12) 5
Armais (12) 5
(chamado Danaos)
c. -1307 -
-1292
Ramsés I
(Dinastía XIX)
Rameses (15) 1
Rameses (15) 1
Rameses (15) 1 c. -1293 -
-1291
Seti I
(Dinastía XIX)
(omitido) c. -1291 -
-1279
Ramsés II
(Dinastía XIX)
Harmeses Miammun (16) 66
Rameses Miammun (16) 66
Rameses (13) 68
Rameses (13) 68
(chamado Exipto)
c. -1279 -
-1213
Merenptah
(Dinastía XIX)
Ammenofis (17) 19
Ammenofis (17) 19
Amenofat (16) 19 Ammenofis (14) 40
Ammenofis (14) 40
c. -1213 -
-1202
Seti II
(Dinastía XIX)
Setos (18) ?
Setos (18) 10
(chamado Rameses)
c. -1202 -
-1195
  • Entre paréntese a orde real, seguido do número de anos de reinado asignados.
  • Algúns epígonos de Manetón inclúen na dinastía XVIII varios faraóns da dinastía XIX.
  • Referencias: W. G. Waddell: Manetho; Cambridge, 1940.

Cronoloxía da dinastía XVIII[editar | editar a fonte]

Cronoloxía estimada polos siguientes exiptólogos:

  • Primeiro faraón: Ahmose
    • 1570-1546 (Wente)
    • 1569-1545 (Redford)
    • 1554-1529 (Parker)
    • 1552-1527 (Hornung)
    • 1552-1526 (Grimal)
    • 1550-1525 (Reeves, Arnold, von Beckerath, Shaw, Kitchen)
    • 1549-1524 (Dodson)
    • 1540-1525 (Malek)
    • 1540-1515 (Aldred)
    • 1539-1514 (Krauss, Murnane)
    • 1530-1504 (Helck)
  • Último faraón: Horemheb
    • 1343-1315 (Redford)
    • 1335-1308 (Gardiner, Arnold)
    • 1335-1304 (Parker)
    • 1334-1306 (Hornung)
    • 1333-1305 (O'Connor)
    • 1328-1298 (Dodson)
    • 1327-1295 (Kitchen)
    • 1326-1299 (Aldred)
    • 1323-1295 (British Museum, Grimal, Lehner, Málek, Shaw)
    • 1321-1294 (von Beckerath)
    • 1321/19-1292/91 (Wente)
    • 1319-1292 (Krauss, Murnane)
    • 1305-1292 (Helck)

Cronograma[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cronología según von Beckerath, Kitchen, Aldred y Málek.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Dinastía precedente Dinastía Dinastía seguinte
Dinastía XVII Dinastía XVIII Dinastía XIX