Deir el-Medina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruínas da aldea

Deir el-Medina (دير المدينة‎ en árabe) é un poboado do antigo Exipto fundado no século XVI a.C. para albergar os traballadores do Val dos Reis.

Deir el-Medina son hoxe unhas ruínas nun val na marxe occidental do río Nilo frente a Luxor. Constitúen un exemplo temperán de planificación urbana: as vivendas, protexidas por un muro exterior, están dispostas en fileiras e dan a unha rúa central. A vivenda típica contiña entre catro e seis cuartos e unha ou dúas adegas. Arredor da aldea se atopan as tumbas dos funcionarios do estado.