Sexto Xulio Africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Xulio Africano")

Sexto Xulio Africano (século III) foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.

Algúns datos biográficos[editar | editar a fonte]

  • Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén).
  • Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo.
  • Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma.
  • Estableceu certa amizade con Oríxenes.
  • Viviu en Nicópolis, Palestina (Emaús).
  • Foi bispo de Emaús "segundo a tradición" (posibelmente falso).
  • Morre en Xerusalén cara ao ano 250.

Obras relacionadas con Exipto[editar | editar a fonte]

As Crónicas (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221).

Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedrenus, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores.

Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.