Thutmose III
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
|
Thutmose III (1480-1448 a.C.) foi o sexto Faraón exipcio da XVIII dinastía do Imperio Novo. Para moitos, o máis grande da historia do Antigo Exipto.
Fillo de Thutmose II, os primeiros 22 anos compartiu reinado coa súa irmanexa Hapsepsut, cun papel secundario neste período. Morta esta, inicia o súa soberanía plena con vitoriosas campañas. Esmaga a coalición siro-palestina, tras un alarde estratéxico, escollendo os pasos máis difíciles das montañas do Carmelo, na famosa batalla de Meggido (1457). Tras esta, cerca e toma a cidade, paso fundamental para o dominio de Siria e Fenicia. Asiria, Babilonia e os Hititas amósanlle acatamento.
Tras estes triunfais comezos, desenvolveu setenta vitoriosas campañas, salientándose a primeira contra o imperio hurrita de Mitani. Thutmose levou por terra a súa frota para cruzar por sorpresa o Éufrates e arrasar o país inimigo.
En varias ocasións tivo que sufocar rebelións en Siria, para o cal non dubidou en asaltar cidades e empobrecer ás poboacións privándoas de grao, que partía dos peiraos de Fenicia para fornecer o poderío exipcio. Tamén tivo que volver contra Mitani.
Nas derradeiras accións militares dirixiuse contra Nubia consolidando unha expansión territorial nunca acadada dende o Éufrates ata a cuarta fervenza.
Foi tamén un soberano construtor, ordenou a elevación de máis de 50 templos. Salientan as súas intervencións en Karnak
Sucedeulle o seu fillo Amenhotep II que reinou os derradeiros anos da súa vida.