Ramsés II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramsés II
Faraón
Unha das catro estatuas de Ramsés II en Abu Simbel.

Reinado-1279 a -1213
Nacementoc. -1303
Falecemento-1213 (90 anos)
SepulturaKV7, Val dos Reis
PredecesorSeti I
SucesorMerneptah
ConsorteNefertari, Isetnofret, Maathorneferure, Meritamen, Bintanath, Nebettawy, Henutmire
DescendenciaAmun-her-khepsef, Ramesses, Pareherwenemef, Khaemwaset, Merneptah, Meryatum, Bintanath, Meritamen, Nebettawy, Henuttawy
ProxenitoresSeti I
Tuya

Na rede
Find a Grave: 7260259 Editar o valor em Wikidata

Ramsés II foi un faraón do antigo Exipto da XIX dinastía. Reinou durante preto de sesenta anos. Sucedeu a Seti I cara ao 1300 a.C. como elixido do deus Ra. Trátase dun dos faraóns máis coñecidos na actualidade.

Foi un complexo personaxe: gran proxenitor foi pai de máis dun centenar de fillos de excepcional lonxevidade (permaneceu no trono durante uns 70 anos), marido de catro das súas fillas (tivo seis esposas e multitude de favoritas), pasou a historia como un piadoso e valente xeral, infatigable construtor de grandiosos monumentos, gran lexislador, colonizador e diplomático.

Foi un líder con grandes calidades físicas, intelectuais e morais que dominou durante boa parte do século XIII a.C. desde a quinta catarata do Nilo ata a beira do río Éufrates cando xa Exipto iniciaba o seu declive.

Tras acompañar ao seu pai desde pequeno, segundo a estela de Kuban aos 10 anos xa era xefe do exército) accedeu ao trono posiblemente no ano 1279 a.c., cando debía ter uns 25 anos.

Desde o seu ascenso ao trono o seu obxectivo foi proseguir e ampliar as accións emprendidas polo seu pai de expansión económica e territorial do imperio.

Ramsés II nun carro de guerra. Abu Simbel.
Momia de Ramsés II. Fotografía de 1889.
Momia de Ramsés II.

Dirixiu varias empresas militares contra Siria e Canaan. Tras dezaseis anos de loita e a infrutuosa batalla de Qades, asinou un tratado de paz cos hititas. Este acordo co rei Hatusilis buscou un equilibrio de forzas co río Orontes como fronteira e intentaba frear a Asiria.

Estableceu unha nova capital: a cidade de Ramsés, no delta do Nilo.

As súas construcións pasaron á historia da arquitectura universal: os templos de Abu Simbel e Hator. A cidade de Tebas foi engrandecida monumentalmente, salientando o templo de Amón.

Á súa morte, no ano 1235 a.C, sucedeuno o seu fillo décimo cuarto Merneptah.

A súa titulatura. Os seus nomes[editar | editar a fonte]

Cinco nomes compoñen a súa Titulatura:

  1. O nome de Horus: "Touro vitorioso, amado de Maat".
  2. O nome das Dúas Deusas: "Protector de Exipto, conquistador de países estranxeiros".
  3. O nome de Horus de Oro: "Rico en anos, grande en vitorias".
  4. O nome do Rei do Alto e do Baixo Exipto: "Poderoso po a Maat de Re" ou "Re é poderoso de Maat (Usermaatre).
  5. O nome do Fillo de Re: "Nacido de Re, amado de Amón".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Antigo Exipto

Segue a:
Seti I
Ramsés II
Precede a:
Merneptah
XIX