Autoridade unitaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Autoridade Unitaria é un tipo de goberno municipal adoptado en varios países, que engloba a administración da maioría dos servizos básicos para a poboación (auga, sumidoiros, mantemento de estradas, impostos locais, etc.). Dependendo da estrutura administrativa do país, a autoridade unitaria tamén pode ser responsable dalgúns servizos que normalmente se prestan en niveis superiores de goberno, como a policía e os bombeiros.

Correspondencias[editar | editar a fonte]

Xeralmente, as autoridades unitarias son responsables dunha cidade, municipio ou concello, ou dun conxunto de cidades. Como reflexo da súa antiga historia de urbanización, moitos países (especialmente en Europa) distinguen entre varios tipos de cidades. Isto reflíctese na multitude de palabras para cidade en inglés: city, town, township, municipality, borough, etc. Nos países máis novos, particularmente no continente americano, a estrutura gobernamental tende a simplificarse, xeralmente a tres niveis: municipal, estatal e federal. Na estrutura administrativa en Galiza atopamos aldeas, lugares e parroquias, vilas, cidades, mancomunidades, comarcas, deputacións provinciais e goberno autonómico, alén do goberno central estatal en Madrid, a eurorrexión e o goberno supreaestatal da Unión Europea.

Algúns dos países que usan autoridades unitarias na súa forma de goberno son:

Alemaña[editar | editar a fonte]

En Alemaña, as cidades que son responsables da administración distrital ademais da administración local chámanse kreisfreie Stadten . Alemaña está dividida en distritos administrativos chamados Kreis. O goberno distrital é responsable da administración de segundo nivel nas outras cidades.

Canadá[editar | editar a fonte]

Chamadas municipios dun único nivel , estas cidades xestionan servizos de primeiro e segundo nivel en provincias que teñen dous niveis de servizo. As cidades máis pequenas destas provincias non son dun único nivel, é dicir, xestionan só o primeiro nivel de servizo, deixando o segundo nivel á provincia. Algunhas provincias canadenses non teñen este segundo nivel de goberno. Non obstante, as cidades destas provincias non deben considerarse municipios dun só piso xa que non xestionan servizos de segundo nivel.

A maioría dos municipios dun só nivel do Canadá están situados na provincia de Ontario.

Nova Zelandia[editar | editar a fonte]

En Nova Zelandia a responsabilidade de goberno da autoridade unitaria é exercida pola Autoridade Territorial (Territorial Authority). Nova Zelandia ten catro autoridades territoriais: Gisborne, Nelson, Tasmania e Marlborough. O Consello das Illas Chatham non se considera unha autoridade territorial, a pesar de ofrecer algúns dos niveis de goberno típicos dunha autoridade unitaria desde que se promulgou a Lei de Xestión de Recursos de 1991 (Resource Management Act, 1991).

Polonia[editar | editar a fonte]

En Polonia un miasto na prawach powiatu ou powiat grodzki é unha (cidade con dereitos de "powiat"). Estas cidades son responsábeis do nivel de goberno distrital (powiat). Estas cidades (como Poznań, Cracovia, Łódź ) non responden ao goberno dos distritos onde se atopan. Hai 65 cidades deste tipo en Polonia.

Reino Unido[editar | editar a fonte]

No Reino Unido, as autoridades unitarias son os gobernos locais de Inglaterra e Gales definidos na Lei de goberno local de 1992.[1] Estes gobernos ofrecen a maioría dos servizos locais á poboación. En 2009 había sete Autoridades unitarias de Inglaterra.

En moitas partes de Inglaterra aínda existe un sistema de goberno de dous niveis, que divide a responsabilidade entre o Consello do Condado e o Distrito. Até 1996, este sistema tamén se utilizou en Escocia e Gales. Desde entón, estes países adoptaron o mecanismo da Autoridade Unitaria. Irlanda do Norte adoptou o sistema da Autoridade Unitaria desde 1973. En 2009 había 29 Autoridades Unitarias en Irlanda do Norte. En Escocia, en 2009 había 32 Autoridades Unitarias de Escocia.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jones, Kavanagh, Moran & Norton (2004). Politics UK. 
  2. Atkinson, H. & Wilks-Heeg, S. (2000). Local Government from Thatcher to Blair. 
  3. "About Falkirk Council". falkirk.gov.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2009. 
  4. "Local Councils in Scotland". direct.gov.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2008. Consultado o 22 de febreiro de 2009.