Cydonia (Marte)
| Cydonia | |
|---|---|
| Unha pequena porción da rexión de Cydonia onde se pode aprecia-la "cara de Marte", fotografada pola sonda Viking 1 e exposta pola NASA/JPL o 25 de xullo de 1976. | |
| Tipo de rexión | Regio ou de albedo |
| Rexión de | Marte |
| Diámetro | ? |
| Coordenadas | 39,67° N 360º S[1] |
| Procedencia do nome | termo poético orixinario de Creta.[1] |
Cydonia é unha rexión do planeta Marte, que atraeu a atención tanto de científicos[2] coma a atención popular.[3][4] O nome orixinal referise a un accidente xeolóxico de albedo (unha área coloreada de xeito distintivo) que era visible dende telescopios terrestres. Cydonia anda a cabalo entre as fronteiras das planicies de Acidalia Planitia e as terras altas de Arabia Terra.[5]
A área inclúe as rexións de Marte: "Cydonia Mensae", unha área elevada con cumio plano, "Cydonia Colles", unha rexión de outeiros e pequenas montañas, e "Cydonia Labyrinthus", unha complexa intersección de vales.[6][7] Coma outros accidentes xeolóxicos de albedo de Marte, o nome de Cydonia era o nome dun clásico accidente xeolóxico de albedo, neste caso o nome facía mención a Kydonia, unha histórica polis (ou "cidade-estado") da illa de Creta.[8]
Cydonia contén a "cara de Marte", situada a medio camiño entre o cráter Arandas e o cráter Bamberg[5] A formación caveira da ESA está a uns poucos quilómetros ó sur da "cara".[5]
Índice |
[editar] Localización
| Imaxe da rexión de Cydonia tomada pola Mars Express © ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum) Credit & Copyright - Scale: 13.7 m/pixel |
|
| Mapa de situación da rexión de Cydonia © FU Berlin/MOLA Credit & Copyright - Coordenadas: 340ºE-0º e 50ºN-30ºN. |
|
Cydonia está no hemisferio norte, nunha zona de transición entre a fronteira da craterizada da rexión de Arabia Terra que queda ó sur e as planicies de Acidalia Planitia que fican ó norte de Cydonia, hai que subliñar que teoricamente Cydonia pertence á gran rexión de Acidalia Planitia, aínda que nos créditos do mapa de situación de Cydonia da ESA (acceso polo apartado de imaxes externas) se mencione que pertence a Arabia Terra, o propio mapa, que está coloreado en base a altitude, despexa calquera dúbida, xa que Cydonia, excepto a súa mensa e as áreas adxacentes á mesma, está case mesma altitude có resto das planicies de Acidalia Planitia. Algúns planetólogos pensan que existe a posibilidade de que as planicies de Acidalia foran noutra época un leito oceánico[9] e que Cydonia puido se-la súa zona costeira.[10]
[editar] "A cara de Marte"
Un dos accidentes xeolóxicos da rexión de Cydonia, a "cara de Marte" (de aproximadamente 1,5 km de longo), tivo moita repercusión na cultura occidental despois de ser fotografada e amosada ó público no ano 1976, debido á súa gran semellanza cunha faciana.[12] Este caso natural de pareidolia inspirou a moita literatura de ciencia ficción xa que se lle atribuía unha orixe artificial.[12][13] Por comparación, este caso semellase co caso de pareidolia que ocorría no noso planeta co Old Man of the Mountain de New Hampshire, antes de que a montaña se colapsase perdendo a forma de ancián que posuía.
Nunha das imaxes tomadas pola sonda Viking 1 o 25 de xullo do ano 1976, ó longo de 2 km dentro da rexión de Cydonia, nas coordenadas exactas de 40,75°N-9,46°O,[14] aparecía un accidente xeolóxico con forma de cara humanoide, a coñecida coma "Cara de Marte". Cando a imaxe orixinal foi catalogada, o xefe científico da Viking, Gerry Soffen, descartou a imaxe 35A72 da "cara"[15] argüíndo que era un truco de luces e sombras.[16][17] Aínda que, nunha segunda imaxe, a 70A13, tamén aparecía a "cara", e que foi tomada pola Viking despois de que esta efectuase 35 órbitas máis cun ángulo diferente de luz respecto da imaxe 35A72. Isto foi descuberto con posterioridade e por separado por Vincent DiPietro e Gregory Molenaar, dos enxeñeiros de computación do centro Goddard Space Flight Center da NASA. DiPietro e Molenaar descubriron estas dúas imaxes perdidas nos arquivos, as imaxes Viking 35A72 e 70A13, mentres estaban navegando polos arquivos da NASA.[18]
Cydonia foi fotografada en detalle por primeira vez polas sondas orbitais Viking 1 e Viking 2. Dende os orbitadores tomáronse dezaoito imaxes da rexión de Cydonia, desas dezaoito imaxes só sete tiñan unha resolución de 250 m/pixel ou unha resolución mellor. As outras 11 imaxes tiñan resolucións moito peores, do redor 550 m/pixel, o cal as fai virtualmente inservibles para o estudo de accidentes xeolóxicos de pequeno tamaño. Das outras sete imaxes de maior calidade, a pobre iluminación e o mal tempo nas que se tomaron dúas delas, fai que o número de imaxes aproveitables se reduza a cinco. Os números da imaxes no catálogo de Mission to Mars: Viking Orbiter Images of Mars son: 35A72 (VO-1010), 70A13 (VO-1011), 561A25 (VO-1021), 673B56 & 673B54 (VO-1063), e 753A33 & 753A34 (VO-1028).[19] Partes desta rexión foron posteriormente fotografadas con resolucións moito mellores, gracias as sondas Mars Global Surveyor, Mars Express e Mars Reconnaissance Orbiter.
[editar] Imaxes posteriores
Despois de máis de 20 anos de que a Viking 1 tomase as primeiras imaxes de Cydonia, unha sucesión de novas sondas visitaron Marte e recolleron unha nova fornada de datos da rexión. Estas sondas inclúen a Mars Global Surveyor (1997–2006)[20] e a sonda Mars Reconnaissance Orbiter (2006-), ámbalas dúas da NASA ,[21] e a sonda Mars Express da Axencia Espacial Europea (2003-).[22] En contraste coas imaxes tomadas pola Vinking, as novas imaxes teñen moita máis resolución, de feito as imaxes da Mars Express teñen unha resolución 14 m/pixel en nalgúns caso as resolucións son mellores. Combinado os datos da High Resolution Stereo Camera (HRSC) da sonda Mars Express e os datos da Mars Orbiter Camera (MOC) da sonda Mars Global Surveyor da NASA, é posible obter representacións en 3D da "cara" de Marte.[20]
Cando a "cara" foi fotografada por primeira vez e ata que se sacaron novas imaxes, foi aceptada coma un caso de ilusión óptica, un claro exemplo de pareidolia.[12] Despois da análise das imaxes de gran resolución da sonda Mars Global Surveyor, a NASA declarou que "un detallado análise das imaxes deste accidente xeolóxico revelan é coma calquera outro outeiro natural de Marte, onde ve-la semellanza cun rostro depende do ángulo do visión e do ángulo de inclinación da luz que recibe".[23] Pódense atopar ilusións ópticas semellantes na Terra;[24] eses exemplos poderían incluír ó Old Man of the Mountain, a Pedra da Gávea, o Old Man of Hoy ou o Badlands Guardian.[25]
[editar] Especulación
A pareidolia da "cara de Marte" situada na rexión de Cydonia alentou a persoas particulares e a algunhas organizacións na busca de intelixencias extraterrestres e das aterraxes desas supostas intelixencias extraterrestres na Terra, baseándose en parte nas imaxes sen moita resolución tomadas no 1977.[13][28] Algún comentaristas, o máis notable foi Richard C. Hoagland, pensaban que a "Cara" era a evidencia dunha civilización marciana desaparecida xa hai moito tempo, a cara era xunto con outros accidentes xeolóxicos con formas xeométricas ou piramidais, serían parte dunha cidade en ruínas.
Cando se aceptou a "cara" coma suxeito para o estudo científico, o astrónomo Carl Sagan criticou moito a especulación que rodeaba a este estudo no capítulo "The Man in the Moon and the Face on Mars" do seu libro The Demon-Haunted World.[29][30] A "cara" é unha referencia usual dentro dos grupos escépticos, que o usan coma exemplo de credulidade.[31] Tamén outro dato sostén as críticas de Sagan, e que hai máis "caras" en Marte, a miúdo máis definidas cá de Cydonia, pero esas imaxes non obtiveron o mesmo nivel de estudo cá imaxe da cara de Cydonia. Coma exemplo pódese pór o cráter Galle, o cal semella un "risoño" (smiley) ou outra que se asemella á ra Gustavo de Barrio Sésamo.[32] Na columna Skeptical Eye (mirada escéptica) da revista Discover ridiculizábanse as reclamacións de Hoagland, preguntándose se el cría que os alieníxenas eran fans de Barrio Sésamo.[33][34]
[editar] Na cultura popular
A parte das posibles especulacións ó redor da súa orixe artificial, Cydonia e a "Cara de Marte" aparecen frecuentemente en todo tipo de medios da "cultura popular", incluíndo filmes, vídeo xogos, música ou cómics. Pódense por moitos exemplos: aparece en filmes coma Mission to Mars (2000); na serie de TV The X-Files (no ano 1993), Invader Zim, Futurama (no ano 2002), Phineas and Ferb (no ano 2009); nos vídeo xogos Zak McKracken (1988), X-COM: UFO Defense (1993); nos cómics Martian Manhunter (#1, 1998); ou no eido da música Telemetry of a Fallen Angel dos The Crüxshadows (1995), "Knights of Cydonia" dos Muse (2006), "Hunting and Gathering (Cydonia)" de Sunn O))) (2009). A cara tamén apareceu no programa de TV Unsolved Mysteries.
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 Albedo Feature: Planetary Names: Albedo Feature: Cydonia on Mars. Consultado o 27-02-2012.
- ↑ Carlotto, M.J. (1988). "Digital Imagery Analysis of Unusual Martian Surface Features". Applied Optics 27 (10): 1926–1933. DOI: 10.1364/AO.27.001926.
- ↑ Nasa: No face - honest. BBC (25-05-2001). Consultado o 09-11-2007.
- ↑ Britt, R.R. (22-09-2006) Face on Mars gets makeover. Consultado o 09-11-2007.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 G. Neukum - Cydonia - the face on Mars (21 September 2006) - ESA/DLR/FU Berlin
- ↑ United States Geological Survey Astrogeology Program, Gazeteer of Planetary Nomenclature, "Mars Nomenclature".
- ↑ United States Geological Survey Astrogeology Program, Gazetteer of Planetary Nomenclature, "Descriptor Terms (Feature Types)".
- ↑ MacDonald, T.L. (1971). "The origins of Martian nomenclature". Icarus 15: 233–240. DOI: 10.1016/0019-1035(71)90077-7.
- ↑ Head, J.W.; Kreslavsky, M.; Hiesinger, H.; Ivanov, M.; Pratt, S.; Seibert, N.; Smith, D.E.; Zuber, M.T.; (1998). "Oceans in the past history of Mars: Tests for their presence using Mars Orbiter Laser Altimeter (MOLA) data". Geophysical Research Letters 25: 4401–4404. DOI: 10.1029/1998GL900116.
- ↑ Malin, M.C.; Edgett, K.S.; (1999). "Oceans or seas in the Martian northern lowlands: High resolution imaging tests of proposed coastlines". Geophysical Research Letters 26: 3049–3052. DOI: 10.1029/1999GL002342.
- ↑ PIA01141: Geologic 'Face on Mars' Formation. NASA (02-04-1998). Consultado o 12-02-2011.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Britt, R.R. (18-03-2004) Scientist attacks alien claims on Mars. CNN. Consultado o 12-10-2007.
- ↑ 13,0 13,1 Smukler, H. (1977). "Dramatic Photos of Mars: the Home of the Gods". Ancient Astronauts (xaneiro): 26.
- ↑ Rayl, A.J.S. (16-03-2007) The Empire Strikes Back: Europe's First Trip to Mars Brings Home "The Gold". Planetary Society. Consultado o 05-06-2008.
- ↑ Viking News Center (31-07-1976) Caption of JPL Viking Press Release P-17384 (35A72). NASA. Consultado o 01-05-2008.
- ↑ Hoagland, Richard , Frog Books The Monuments of Mars — A City on the Edge of Forever, 4ª.
- ↑ Pixel Inversion - NASA's Misinformation on the Mars Face. Paranormal News (25-08-1999). Consultado o 29-05-2008.
- ↑ Gardner, M. (1985). "The Great Stone Face and Other Nonmysteries". Skeptical Inquirer 10: 14–18.
- ↑ Mission to Mars: Viking Orbiter Images of Mars website, NASA Jet Propulsion Laboratory; raw data in IMQ (ImageQ) format can be downloaded from these links: 35A72, 70A13, 561A25, 673B56, 673B54, 753A33, 753A34. Consultado o 20-09-2007.
- ↑ 20,0 20,1 Cydonia's 'Face on Mars' in 3D animation using Mars Global Surveyor imagery. ESA website (23-10-2006). Consultado o 26-04-2007.
- ↑ Popular Landform in Cydonia Region. HiRISE website. Consultado o 26-04-2007.
- ↑ Cydonia - the face on Mars, 3D rendering of Mars Express imagery. ESA website (21-08-2006). Consultado o 26-04-2007.
- ↑ The Face on Mars, Viking Project. NASA website. Consultado o 26-04-2007.
- ↑ Dunning, =B. (22-04-2008) The Face on Mars Revealed. Skeptoid #97. Consultado o 26-08-2008.
- ↑ Badlands Guardian Geological Feature. Google Maps. Consultado o 26-04-2007.
- ↑ Cydonia: Two Years Later. Malin Space Science Systems (05-04-2000). Consultado o 01-03-2012.
- ↑ Fitzpatrick-Matthews, K. (17-08-2007) The‘D&M Pyramid’. Bad Archaeology. Consultado o 01-03-2012.
- ↑ Richard Grossinger (1986), North Atlantic Books Planetary Mysteries: Megaliths, Glaciers, the Face on Mars and Aboriginal Dreamtime.
- ↑ Sagan, Carl (1996), Random House The Demon-Haunted World: Science As a Candle in the Dark.
- ↑ McDaniel, Stanley (1998), Adventure Unlimited Press The Case for the Face: Scientists Examine The Evidence for Alien Artifacts on Mars.
- ↑ Gary Posner, "The Face Behind the "Face" on Mars: A Skeptical Look at Richard C. Hoagland", Skeptical Eye, Nov/Dec 2000
- ↑ "More "Faces" on Mars"
- ↑ Fred Golden, "Skeptical Eye", Discover, April 1985
- ↑ Martin Gardner, "The Great Stone Face and Other Nonmysteries", Skeptical Inquirer, Winter 1985
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Xeografía de Marte
- Pareidolia
- Galle, un cráter marciano coñecido coma o "sorriso" de Marte.
- Libya Montes, fogar doutra das "caras" de Marte.
[editar] Lecturas recomendadas
- Astronomy mythbusters (Myth #8: Martians carved the "face" on Mars) por Richard Talcott, vol. 38, nº 11, pax. 56-57, setembro do 2010, Astronomy Magazine
[editar] Ligazóns externas
- NASA ou ESA
- ESA overview of features in Cydonia region
- Viking Project, NASA
- 30th Anniversary of Viking, NASA
- Mars Express, ESA (NASA page)
- Mars Global Surveyor, NASA
- Astronomy Picture of the Day 25-9-06, recent visual of the Face on Mars
- Astronomy Picture of the Day 26-9-06, recent visual of the Cydonia region (including the Face on Mars)
- Outras fontes que non sexan Axencias Espaciais
- High-resolution images of Cydonia, Freie Universität Berlin - Mars Express orbiter data
- Discussion of MOC and "Face on Mars", Malin Space Science Systems (also, Face on Mars)
- Cydonia Mensae at Google Mars
- Interactive 3D "Face on Mars", Shockwave piece at MarsQuest Online.
- The exact position of the Face on Mars on Geody, linked to NASA World Wind