The X-Files

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The X-Files foi unha serie estadounidense de ficción científica e misterio, famosa durante os anos 90, creada por Chris Carter.

Foi estreado no canal Fox o 10 de setembro do 1993 e rematou logo de nove anos no aire, o 19 de maio do 2002. The X-Files foi un dos grandes éxitos da canle, e os seus personaxes e frases ("A verdade está aí fóra", etc.) convertéronse en verdadeiros iconas da cultura pop, mentres que simultaneamente explotaba e inspiraba unha gran cantidade de teorías de conspiracións, paranoias sobre o goberno dos Estados Unidos e a crenza da vida extraterrestre.

Na serie, David Duchovny e Gillian Anderson interpretan dous axentes do FBI, Fox Mulder e Dana Scully, que teñen a tarefa de investigar os "expedentes X". Estes casos, marxinados polo FBI, comunmente involucran feitos paranormais. Mulder interpreta o rol do "crente", tendo fe da existencia de extraterrestres e de fenómenos paranormais, namentres Scully é a "escéptica", inicialmente designada polos seus superiores para desprestixiar o traballo de Mulder e encontrarlle unha explicación. Mentres a serie avanza, Mulder e Scully vense rodeados polos mesmos conflitos e desenvolven unha estraña e ambigua amizade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]