Sesame Street
| Sesame Street | |
|---|---|
| Formato | Infantil |
| Creado por | Joan Ganz Cooney Lloyd Morrisett |
| Desenvolvido por | Sesame Workshop |
| Tema de apertura | "Can You Tell Me How To Get To Sesame Street?" |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 4.256 |
| Produción | |
| Duración | 60 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | NET (1969-1970) - PBS desde 1970 |
| Tempo de emisión | 10 de novembro de 1969 – actualidade |
| Ligazóns externas | |
| SesameStreet.org/ Páxina web | |
Sesame Street é un programa infantil de televisión estadounidense dirixido a nenos en idade preescolar, coñecido pola combinación de educación e entretemento, empregando uns monicreques coñecidos como The Muppets creados por Jim Henson, a animación, as curtas, o humor e a utilización de referencias culturais.
Historia[editar]
O programa concebiuse en 1966 entre o produtor Joan Ganz Cooney e Lloyd Morrisett, vicepresidente da Fundación Carnegie co obxectivo de crearen un programa infantil que puidera "aproveitar a adición que xera a televisión para tirar proveito dela [1] para axudar aos meniños a prepararse para a escola. Despois de dous anos de preparación creouse a Children's Television Workshop, cun orzamento de oito millóns de dólares procedente de Carnegie, a Fundación Ford e o goberno dos Estados Unidos, coa finalidade de crear e producir un novo programa de televisión dirixido ao público infantil. O primeiro programa emitiuse en canles da televisión pública o 10 de novembro de 1969, recibindo críticas positivas, algunha controversia e altas audiencias.
En 2009, Sesame Street era o programa infantil máis visto do mundo, con emisións dobradas ou adaptadas en 120 países, cunha alta reputación como avalan os seus oito Grammys e 118 Emmys
Formato[editar]
Na súa primeira época o formato de Sesame Street consistía nunha combinación de elementos da televisión comercial con técnicas educativas, coa colaboración entre conselleiros educativos, investigadores e produtores, desenvolvéndose o currículum inicial ao longo de seminarios celebrados en 1968 entre expertos da televisión e da educación que formaron a base dos obxectivos cognitivos, afectivos e de coñecemento do programa que se desenvolvía como unha revista de televisión, situado nunha rúa dunha cidade e a súa veciñanza, en 1998 cambiouse o formato a un máis narrativo.
Notas[editar]
- ↑ Davis, Michael (2008). Street Gang: The Complete History of Sesame Street. New York: Viking Penguin, p.8