Geococcyx

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Geococcyx
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Cuculiformes
Familia: Cuculidae
Subfamilia: Neomorphinae
Xénero: Geococcyx
Wagler, 1831
Especies
G. californianus
G. velox

Geococcyx é un xénero de aves cuculiformes da familia Cuculidae. Habitan en América do Norte e América Central, normalmente en zonas desérticas. Adoitan correr até os 32 km/h aínda que algúns poden atinxir os 43 km/h.

Especies[editar | editar a fonte]

A subfamilia Neomorphinae, inclúe once especies de aves,[1] das cales pertencen ao xénero Geococcyx as seguintes especies:[2]

Imaxe Nome científico Distribución
Geococcyx californianus México e o suroeste e no centro sur dos Estados Unidos[3]
Geococcyx velox México e América central[4]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O Geococcyx californianus adoita medir entre 56 e 61 cm desde a cola até o bico e o seu peso medio é de entre 230 e 430 g. É grande, magro, de cor marrón e negra, con raias brancas e cunha crista distintiva na cabeza. Ten patas longas, pés fortes, un pico escuro de grandes dimensións e unha cola ancha con puntas brancas nas tres plumas externas da cola. Ten un parche de pel espido detrás de cada ollo; este parche ten unha sombra azul anterior ao vermello posterior.

O Geococcyx velox é lixeiramente máis pequeno, non é tan raiado e ten un bico máis pequeno. Tanto Geococcyx velox como Geococcyx californianus deixan atrás marcas con forma de X que semellan que se moven en ambas as direccións.

Os Geococcyx californianus, ao igual que outras especies cuculiformes, teñen pés cigodáctilos. Corren a velocidade de até 32 km/h e, polo xeral, prefiren ir polo chan antes do que voar, aínda que adoitan facelo para fuxir dos depredadores. Durante o voo, as ás pequenas e arredondadas revelan unha media lúa branca.

Sons[editar | editar a fonte]

Roadrunner beak clatter

O chío do Geococcyx californianus é lento e con ton descendente, aínda que tamén emiten sons barullentos rápidos co bico.[5]

Alimentación[editar | editar a fonte]

Geococcyx californianus común cun lagarto.

Teñen unha dieta omnívora e moi variada. Poden alimentarse de caracois, de insectos (como saltóns, grilos, milpés e escaravellos), de arácnidos (como arañas, tarántulas e alacráns), de pequenos réptiles (como lagartos e cobras) de pequenos roedores e outros mamíferos, de aves, así como dos seus ovos, e mesmo de froitas e sementes como as dos cactos. No entanto, tamén son capaces de comer especies máis grandes como a cobra cascabel.[6]

O Geococcyx californianus busca alimento no chan e, cando cazan, adoitan correr detrás das súas presas após se agochar. Pode saltar para capturar insectos e normalmente bate certas presas contra o chan. Debido á súa rapidez, é un dos poucos animais capaces de derrotar á cobra cascabel,[7] así como o único depredador real das avespas falcón tarántula.[2]

Comportamento[editar | editar a fonte]

Geococcyx californianus camiñando devagar pola herba.

Os Geococcyx californianus adoitan vivir sós ou en parella. De feito, os pares reprodutores son monógamos e están xuntos durante toda a vida,[8] e poden marcar territorio durante todo o ano. No cortexo, os machos inclínanse, erguendo e baixando as súas ás e estendendo o seu rabo, desfilan fronte a femia coa cabeza alta e as ás e o rabo caídos e, en ocasións, levan comida como ofrenda. A estación de reprodución pode abranguer desde a primavera até mediados do verán, xa que depende da localización xeográfica e das especies.[2]

O niño dos Geococcyx californianus adoita estar formado por paus e pode incluír follas, plumas, peles de cobra ou estrume;[9] adoita localizarse entre 1 e 3 metros de altura[10] nunha árbore baixa, nun arbusto ou nun cacto. Como o resto das aves, os Geococcyx californianus son ovíparos, de forma que se reproducen por ovos, os cales adoitan ser brancos. As niñadas dos Geococcyx californianus adoitan ser de entre dous e seis ovos, mentres que a dos pequenos Geococcyx californianus é máis pequena.

Geococcyx californianus quecendo ao sol.

A responsabilidade dos proxenitores é compartida, xa que ambos chocan os ovos (as femias durante o día e os machos durante a noite) e alimentan as crías. A eclosión dos ovos é asíncrona e, durante a primeira ou as dúas primeiras semanas desde que un ovo eclosiona, un dos proxenitores fica no niño coidando da cría até que pasan dúas ou tres semanas e a cría xa pode saír do niño cos pais na procura de alimento.[2]

Termorregulación[editar | editar a fonte]

Durante a fría noite desértica, os Geococcyx californianus baixan lixeiramente a súa temperatura corporal e entran nun estado de leve torpor para conservar enerxía. Para quecer durante o día, poñen ao sol os parches de pel escuros do seu lombo.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu nome científico, Geococcyx, provén do grego clásico γῆ (terra) e κόκκυξ (cuco), por ser parente do cuco que adoita desprazarse pola terra.

Cultura popular[editar | editar a fonte]

O Geococcyx californianus foi popularizado pola Warner Bros. grazas á personaxe Road Runner, creada en 1948, protagonista dunha serie de debuxos animados de longo percorrido. En cada episodio, o astuto e pérfido Wile E. Coyote (baseado nun coiote) intenta, de maneira repetida, atrapar o Road Runner para comelo, malia non conseguilo nunca.

Estes debuxos animados levaron a varios enganos sobre a realidade destas aves. Por un lado, a xente pensou que realmente o seu chío era «bip bip» tal e como o representaban na serie, no canto do son que producen realmente. Polo outro, fixeron crer que os Geococcyx californianus eran máis rápidos por terra que os coiotes, cando, na realidade, estas aves alcanzan velocidades de entre 32 e 43 km/h e os coiotes de entre 56 e 69 km/h.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Myers, P. R.; Parr, C. S.; Jones, T.; Hammond, G. S.; Dewey, T. A. "Neomorphinae (New World ground cuckoos)". Animal Diversity Web. University of Michigan. Consultado o 2009-08-12. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Roadrunners". Beauty of birds. Avian Web. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  3. "Greater Roadrunners". Avian Web. Consultado o 3 May 2012. 
  4. "Lesser Roadrunners". Avian Web. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2021. Consultado o 3 May 2012. 
  5. "Bird Sounds". 
  6. "roadrunner vs rattlesnake". 
  7. "The Roadrunner". Desert USA. Consultado o 3 de maio de 2012. 
  8. "With the exception of breeding pairs, roadrunners are solitary (Hughes 1996). Pairs mate for life (Terres 1980)."
  9. "Information on the Roadrunner | The Nature Conservancy". Nature.org. 2016-07-15. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2017. Consultado o 2016-09-14. 
  10. "Usually 1-3 meters above ground; infrequently higher than 3 meters (Hughes 1996)."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]