Cristina Marcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Marcos

(2016) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Cristina Marcos Juez Editar o valor em Wikidata
19 de decembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , presentadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0545899 Allocine: 8164 Allmovie: p45359
Discogs: 3178202 Editar o valor em Wikidata

Cristina Marcos Juez, nada en Barcelona o 19 de decembro de 1963, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Marcos naceu en Barcelona, mais creceu e educouse en Madrid. Con dezasete anos o director Manuel Gutiérrez Aragón fixouse nela para protagonizar xunto a Fernando Fernán Gómez o filme Maravillas,[1] rodando a continuación La próxima estación, dirixido por Antonio Mercero. Finalizados estes traballos, compzinou os seus estudos de arte dramática na escola de Cristina Rota coa carreira universitaria de filoloxía hispánica.

Gerardo Herrero contratouna para Al acecho (1987) e catro anos despois obtivo a súa primeira candidatura aos premios Goya pola súa breve aparición en Tacones lejanos (1991), de Pedro Almodóvar. Logrou o premio á mellor actriz tres anos despois, polo seu papel en Todos los hombres sois iguales (1994).[2] Ese mesmo ano participou no drama de cárcere Entre rojas.

En televisión apareceu nun papel secundario en La Regenta, versión da novela de Leopoldo Alas "Clarín" realizada por Fernando Méndez Leite, e que lle valeu o premio da Unión de Actores e Actrices.[3] En 2000 encabezou o elenco de dúas series de televisión, El grupo e Un chupete para ella.

En 2004 tivo un grande éxito teatral con El método Gronhölm, baseado na peza de Jordi Galcerán, con Carlos Hipólito, Jorge Roelas, Eleazar Ortiz e Jordi Bosch, dirixida por Tamzin Towsend. Por esta obra recibiu outro premio da Unión de Actores e Actrices.[4]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]