Julio Medem

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Medem

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Donostia (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , montador , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAna Médem (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webjuliomedem.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0575523 Allocine: 17666 Allmovie: p202599 Editar o valor em Wikidata

Julio Medem, nado en Donostia o 21 de outubro de 1958, é un director de cinema e guionista vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 21 de outubro de 1958 en Donostia. Desde pequeno empeza a xogar coa cámara superoito que esconde o seu pai, e roda escenas cotiás que teñen como protagonista á súa irmá Ana. Aínda que se licencia en medicina e cirurxía xeral, nunca abandona a súa gran paixón: o cine. O seu primeiro traballo é no diario "La voz de Euskadi", onde colabora como crítico cinematográfico. Tras algunhas colaboracións en publicacións varias, roda finalmente as súas primeiras curtas en superoito.

Logo de traballar nalgunhas obras como El jueves pasado (1977) ou Si yo fuese poeta (1981), lánzase a rodar por primeira vez en 35 mm. Patas en la cabeza (1985), producida por Luís Campoy e o propio Medem, consegue gañar o Premio de Cine Vasco e o Certame Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao. Neste mesmo certame, pero un ano máis tarde, gaña o Premio Telenorte coa súa galardoada curtametraxe Las seis en punta (1987).

Desde ese ano, Medem traballa como axudante de dirección, montador e guionista, e dedícase por completo ó cine. En 1988 escribe e dirixe a mediometraxe Martín (1988), producido por Elías Querejeta, ao que lle segue outra película sobre a Segunda Guerra Carlista. O seu salto á longametraxe faio con Vacas (1992), unha orixinal historia que merece o Goya á Mellor Dirección Novel, ademais de diversos galardóns nos festivais de Toquio, Turín e Alexandría.

En 2000 falece a súa irmá Ana nun accidente de tráfico, pintora de profesión, que se dirixía a inaugurar unha exposición súa. Este feito serviu para que en 2007 estrease a película Caótica Ana.

Filmografía como director[editar | editar a fonte]

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • El ciego (1974)
  • El jueves pasado (1977)
  • Fideos (1979)
  • Si yo fuera poeta (1981)
  • Teatro en Soria (1982)
  • Patas en la cabeza (1985)
  • Las seis en punta (1987)
  • Martín (1988)
  • Clecla (2001)
  • ¡Hay motivo! (2004)
  • En las ramas de Ana (2007)
  • 7 días en la Habana (2012)

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]