La Regenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escultura dedicada a «la Regenta» na Praza da Catedral de Oviedo.

La Regenta é unha obra de literatura española escrita por Clarín. Está considerada unha das grandes novelas da literatura en lingua castelá.

Características[editar | editar a fonte]

Aspira a retratar en toda a súa complexidade unha cidade de provincias, Vetusta (nome tras o cal se esconde Oviedo) ao mesmo tempo asume a representación da sociedade española da Restauración.

Clarín somete a unha irónica crítica todos os estamentos da cidade: a aristocracia decadente, o clero corrupto, as damas hipócritas, os partidos políticos. Todo isto conforma unha atmosfera social asfixiante, opresiva, coa que choca a protagonista, Ana Ozores.

O seu temperamento sensible e soñador lévaa a refuxiarse no misticismo, pero o seu confesor, Fermín Pas, decepciónaa cando intenta aproveitarse dela. Cae entón en brazos de Álvaro Mesía, mediocre 'donjuán' co que vivirá unha relación amorosa que non resultará ser máis que un sucedáneo dos seus ideais románticos.

La Regenta é unha novela de acción lenta na que adquiren gran importancia as descricións da psicoloxía dos personaxes e dos ambientes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: La Regenta

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]