Alatriste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alatriste
Título orixinal Alatriste
[[Ficheiro:{{{imaxe}}}|200px| ]]
Ficha técnica
Director Agustín Díaz Yanes
Produtor Antonio Cardenal
Guión Agustín Díaz Yanes
Arturo Pérez-Reverte
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Viggo Mortensen
Javier Cámara
Eduardo Noriega
Juan Echanove
Música {{{música}}}
Fotografía {{{fotografía}}}
Montaxe {{{montaxe}}}
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor 20th Century Fox
Ano 1 de setembro de 2006
Duración 147 min
País España España
Xénero aventuras
Orzamento {{{orzamento}}}
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior {{{anterior}}}
Filme seguinte {{{seguinte}}}
Ficha en IMDb

Alatriste é unha película de cine española dirixida por Agustín Díaz Yanes, e baseada no protagonista dunha serie de novelas escritas por Arturo Pérez-Reverte, Las aventuras del capitán Alatriste.

É a película máis cara da historia do cine español (uns 24 millóns de euros). A produtora estadounidense 20th Century Fox comprou os dereitos da película.

Ten un amplo reparto encabezado por Viggo Mortensen no papel protagonista de Alatriste e do que tamén forma parte cunha pequena intervención o actor galego Luis Zahera.

O 15 de setembro de 2006, a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España elixiu a Alatriste (xunto con outras dúas películas) como candidata para competir polo posto de representante española nos Oscar. Finalmente, foi Volver, de Almodóvar, quen o fixo, aínda que non foi seleccionada.

Reparto principal[editar | editar a fonte]

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A historia ocorre durante a España Imperial do século XVII. Diego Alatriste é un soldado ó servizo do rei Filipe IV. Atópase na Guerra de Flandres. Ó seu regreso, ve como o Imperio se vai desmoroando por momentos a causa do egoísmo dos gobernantes da época.

A trama da película fai un percorrido por cada un dos cinco libros publicados ata a estrea, mantendo como fío argumental da mesma os personaxes principais.

Premios e nominacións[editar | editar a fonte]

Goya 2006[editar | editar a fonte]

Categoría Persoa Resultado
Mellor película Candidata
Mellor actor Viggo Mortensen Candidato
Mellor actor de reparto Juan Echanove Candidato
Mellor actriz de reparto Ariadna Gil Candidata
Mellor guión adaptado Agustín Díaz Yanes Candidato
Mellor dirección de produción Cristina Zumárraga Gañadora
Mellor música orixinal Roque Baños Candidato
Mellor dirección artística Benjamín Fernández Gañador
Mellor deseño de vestiario Francesca Sartori Gañadora
Mellor fotografía Paco Femenia Candidato
Mellor montaxe José Salgado Candidato
Mellor maquillaxe e perruquería José Luís Pérez Candidato
Mellor son Pierre Gamet Candidato
Mellores efectos especiais Reyes Abades, Rafael Solorzano Candidatos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alatriste

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]